Noticias
Blog

Nunca esqueceu aos amigos exiliados. Durante toda a súa vida lamentou a falta destes galegos e galegas que fixeron a súa obra fóra de Galicia. Un destes amigos foi Alberto Vilanova. Sabemos pouco desta relación: apareceron varios exemplares da obra de Paz Andrade asinados e dedicados a Vilanova. Tamén que Valentín e a súa dona Pilar Rodríguez asistiron ao funeral de Alberto Vilanova, en Ourense.
É a biografía a modo de conversa entre Paz Andrade e Tucho Calvo, Valentín Paz Andrade, a memoria do século, a que nos ofrece máis datos. Sempre falando do exilio e citado entre nomes ilustres, di textualmente: “Cando a partir dos derradeiros meses do 36 foron arribando os que tiveron necesidade de deixar a terra, entrouse nunha nova fase. Non só pola selectividade das individualidades transferidas. Tamén polo adoctrinamento e militancia galeguista da maioría. Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Cuadrado, Núñez Búa, Federico Ribas, José Suárez, Luís Villaverde e o seu irmán Elpidio e algúns máis, chegaran no primeiro ano da guerra. Do segundo en diante, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Manuel Fuentes Jorge, Leandro Pita Romero, Alberto Vilanova [...]. Cada un adicouse ao seu, nun medio que non foi hostil, mais tampouco sería o propio. Os murais de Colmeiro, nas Galerías Florida; os de Seoane no Teatro Sanmartín; os volumes biográficos de Vilanova. [...] Nos anos 50 a vangarda cultural mantíñase en tensa actividade. Ao núcleo de escritores e artistas exiliados viñan de incorporarse Alberto Vilanova e Laxeiro”.
“Nas xornadas do cincuentenario da fundación de Bos Aires, o Centro Gallego organizou uns actos memorables. Pecháronse cun coloquio verdadeiramente memorable, onde a miña intervención tamén se fixo obrigada. Coido que para tratar da cultura galega, do seu horizonte e da súa problemática. Ata aquela data non se intentara unha xuntanza de intelectuais de nivel semellante. Non soamente polos participantes senón pola plenitude da hora que cada un vivía. A lista compúxose, en canto aos participantes radicados no país, de Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Luís Seoane, Pepe Núñez Búa, Ramón de Valenzuela, Lorenzo Varela, Alberto Vilanova e Isaac Díaz Pardo e tamén estivo Osorio Tafall. O papel de moderador fora posto nas mans de Antonio Baltar”.

Non puiden silenciar o meu abraio. Cando me escoitou ergueuse da cadeira, abriu unha porta lateral, e díxome: ‘Pois mira o que teño neste cuarto...’ Aquela visión do erudito galego na noite patagónica, deixou unha imaxe incancelable na miña pantalla de ocasional vagamundo. Algúns anos despois eu tería que botar unha man ao erudito mergullado no seu mar de papel, para que Galiza recuperara o tesouro bibliográfico formado por un home só nas soedades patagónicas”.
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova 
