Publicacións
Blog
RECORDOS DE ALBERTO VILANOVA, por ISAAC DÍAZ PARDO (2011)
Teño idea de que era amigo do meu pai e que escribeu algo de el nunha revista de Madrid… Cando me atopei con Vilanova en Buenos Aires el era amigo de todos os meus amigos, sobre todo con xentes que traballaban nos negocios de Magdalena polo que nos veíamos con frecuencia. Seoane o apreciaba moito e posiblemente foi quen lle facilitou a publicación da súa monumental obra “Los gallegos en la Argentina” que o destacou como o importante investigador que era.
Politicamente Vilanova era de Esquerda Republicana o que pra nós que andabamos neso de beber os ventos da liberdade situabámolo á nosa dereita. Mais u odio que sentía Vilanova por todo o que rozase co franquismo o presentaba como un home excepcionalmente radical que non perdoaba. Eu decíalle cordialmente que máis que sangue debía ter nas veas tintura de iodo. Non lle perdoaba a Risco o seu cambio, e algunha razón tiña, pois fora Risco quen lle ensinou a ser galeguista, e cando o meteron na cadea, Risco era o encargado de adiestrar aos presos no seu amor á España franquista e seu odio aos nacionalistas.
Porén Vilanova tiña certos coidados pra que o seu radicalismo non chegara a perjudicar á familia que deixara en Ourense. Só isto pode explicar que no traballo que nos fixo pra Galicia Hoy, de Ruedo Ibérico, o firmara como Auverre.
Cando voltou vímonos varias veces en Ourense. Nunha delas invitoume a comer na súa casa coa súa Muller. Logo estivo uns cantos días vivindo con nós no Castro, investigando nun arquivo da familia da miña Muller, no que descubriu as razóns polas que o ilustre Joaquín Castro Arias emigrou a Argentina onde foi o creador dos Xogos Froraes naquel país. Ante o seu entusiasmo de descubrir aquello miña dona regaloulle varias cartas de Brañas.
Xa cerca do seu final a Diputación de Ourense inaugurou unha Sala de Arte e o seu Presidente Victorino Núñez quixo abrila cunha exposición sobre Castelao.
O día da inauguración o máis puntual foi Alberto Vilanova, mais esta vez viña nunha silla de rodas. Nun intre acercouse a el un vello galeguista, amigo de Vilanova de antes da Guerra Civil, pero que tiña colabourado en algo do franquismo, e Vilanova o sabía. O vello galeguista acercouse a Vilanova tentando apertalo con entusiasmo e o Vilanova limitouse a lle dizer: E ti quen es?, e o vello galeguista díxolle o seu nome. Vilanova que sabía moi ben quen era limitouse a dizer polo baixo: Ai, si. O vello galeguista foise co rabo entre as pernas. Esta escea era testimoniada coa presencia de Victorino, que aínda o estivemos recordando hai poucos meses en Vigo.

ISAAC DÍAZ PARDO, para a presentación da Páxina Web de Alberto Vilanova, celebrada no Ateneno de Ourense o día 26 de abril de 2011
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova 