Publicacións
Blog
VILANOVA EN BUENOS AIRES, por XOSÉ NEIRA VILAS (2012)

Nacera en Ourense en 1910. Estudou Dereito en Madrid e Filosofía e Letras en Valladolid. Era republicano. Padeceu prisión e logo dedicouse ó ensino en academias particulares. Vivía con dificultades e emigrou. Foi ben acollido en Buenos Aires. Tivo ó seu cargo a
Cátedra de Cultura Galega, do Centro Lucense. Máis tarde marchou á Universidade de Bahía Blanca, onde daba clase de Historia de España. Explicaba Historia de Galicia nos cursos de AGUEA (Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas).
O Centro Galego convocou un concurso para conmemorar o sesquicentenario da Revolución Arxentina de 1810. O tema era a obra dos galegos naquel país. Gañou o premio. Como non había plans para publicar o traballo, falei a nome de Follas Novas co vicepresidente, Cosme Méndez. En poucos meses viron a luz os dous voluminosos tomos de Los gallegos en la Argentina, con valiosa información sobre o noso aporte no desenvolvemento daquel país.
Non puidemos despedirnos del cando marchamos a Cuba en 1961. Estaba en Bahía Blanca. Escribinlle dende a Habana. Sempre o recordo como un home serio.
Xosé Neira Vilas, publicado en El Correo Gallego no mes de marzo de 2012

Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova 