Publicacións
Blog
VALENTÍN PAZ-ANDRADE FALA DE ALBERTO VILANOVA

Máis que poboado por un home pequeneiro de talla e grande de saberes biográficos, pareceume entrar na cova dun mago. Detrás da persoa, diante e polas beiras... montes de libros, folletos, revistas, xornais. Unha impoñente e abraiante acumulación de cultura impresa que ameazaba tragar a quen se arrimara.
Non puiden silenciar o meu abraio. Cando me escoitou ergueuse da cadeira, abriu unha porta lateral, e díxome: ‘Pois mira o que teño neste cuarto...’ Aquela visión do erudito galego na noite patagónica, deixou unha imaxe incancelable na miña pantalla de ocasional vagamundo. Algúns anos despois eu tería que botar unha man ao erudito mergullado no seu mar de papel, para que Galiza recuperara o tesouro bibliográfico formado por un home só nas soedades patagónicas”.

Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova 