Publicacións
Blog
EN COL DO CENTEARIO DO POETA OURENSÁN VALENTÍN LAMAS CARVAXAL (1949)
OS TRABALLOS PREMIADOS NO CONCURSO LITERARIO – PUBRICACIÓN D-UNHA ANTOLOXÍA DO GRORIOSO ESCRITOR
Na nosa derradeira edizón deuse amplia cróneca do grandeiro e bilante aito que se fixo no Teatro Avenida na noite do 30 do pasado mes de Ontono, no cal se procramaron os nomes dos catro autores dos traballos que outiveron os dous primeiros premios do Concurso Literario organizado pol a Comisión de Homenaxe a Lamas Carvaxal. Completamos hoxe a dita información, ofercendo aos nosos leitores unhas anacos de tan mañificos traballos, verdadeiros arrequentos do acervo literario do idioma galego. Taes produciós débense a dous xurdios inteleituaes da nosa Terra que xa teñen conquerido outo prestixio nas letras galegas: Alberto Vilanova Rodríguez e Francisco Fernández del Riego.
Francisco Fernández del Riego, galardonado co segundo premio, é unhas das figuras novas que máis locen hoxe no panorama literario de Galizia, coma periodista, coma crítico de arte e coma autor de traballos de outa categoría.
Nado na provincia de Lugo, reside en Vigo, onde alterna a súa laboura de escritor baixo o pseudónimo de Salvador Lorenzana, co exercicio da súa profesión de advogado. Seu nome é d-abondo coñecido na nosa coleitividade, pois outivo premios: no certamen Literario da Federación de Sociedades Gallegas do ano 1946 cos ensaios tiduados: “Cos ollos do Noso Espritu” e nos Concursos Literarios do Centro Gallego de Buenos Aires do ano 1946 co traballo “Historia da Literatura Galega”, e do ano 1949 co libro “Precursores e Novos”.
O xurado que tan bon acerto tivo no otorgamento dos ditos premios, istivo integrado polos siñores Dr. Ramón Rey Baltar, Dr. Xosé Núñez Búa, D. Rodolfo Prada, D. Avelino Díaz e Dr. Ramón de Valenzuela Otero.
Tamén damos conta n-esta información do libro “Antoloxía” que editou a Comisión de Homenaxe a Lamas Carvaxal constituida polos señores Antón Rodríguez, Xosé Gómez, Antón Castro, Lisardo Rodríguez, Emilio Rodríguez, Ramón Pérez, Rodolfo Parada, Xaime G. Zapico, Camilo Lorenzo, Servesio Gallego, Xosé Casado, Antón Fernández, Delfín Novoa, Manuel Pérez, David de Cabo Lamas, Daniel González, Enrique A. González, Manuel Vázquez, Antón Moure, Xosé González e Andrés Ferreiro. As ditas persoas aituaron en representación das sociedás ourensanas seguintes: Centro Orensano, Centro Villamarín-Perojano, Sociedad Pereiro de Aguiar, Sociedad Nogueira de Ramuín, Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Maside, Sociedad Residentes de Lobanes, Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Maside e Centro Arnoya. A istas prestixiosas entidás corresponden os honores, pois elas contribuiron patrióticamente a sufragar os gastos que demandou a celebración do Centeario do esgrevio escritor, groria de Galiza, Lamas Carvaxal.
Do traballo premiado de Alberto Vilanova Rodríguez
Costituie un estudo eisaustivo, belido e afervoado da obra en verso e prosa de Lamas Carvaxal, no cal, de xeito barudo e con solprendente varileza, espón ca máis crúa verdade o “pensamento patriótico galego e social político” de tan esgrevio escritor. O senso co cal está feito o estudo responde craramente a iste lema con que Vilanova Rodríguez presentou seu traballo no concurso:
¡Ai, fillos de Galiza!
Erguédevos agora a rescatala;
Que no é bo galego,
Nin ten o corazón da nosa raza
Quen a súa
¡En miserábel escravitude, e cala!
(Dr. M. Lago González, Arcebispo de Sant-iago. Nado en Tui en 1865, morto en 1925).
Contén a obra, rexos e alumiantes capíduos coma os tiduados “O poeta” e “O pensamento patriótico galego”, que ben quixeramos reproducir eiquí, máis temos de nos encurtar, por mor das circonstancias, a soio pubricar algúns anacos d-este:
A LINGUA GALEGA
Unha das meirandes inquedanzas –con ser moitas as inquedanzas que Lamas tivo na súa vida- foi a conmovedora fe que puxo nos outos destiños da nosa lingua nativa. O feito ben reiterado (senón houbese outras referenzas máis espresas) de que cáseque todal-a súa obra máis fundamental está escrita no idioma galego, proba o intrés de Lamas por soerguer do estado en que s-atopaba facendo do noso linguaxe unha bandeira máis na loita galeguista. A pesares de que o galego é un idioma pleo de groriosa hestoria, son moitos os galegos desleigados que teñen por vaidade eispresarse en castelán, deixando o galego como lingua solo reservada as xentes labregas e artesaos, coma cousa cativa, depresiva e ordinaria. Xa Saco e Arce nas verbas limiares da “Gramática Gallega” (84), dicía con baruda e nobre paixón: “Non-o desechedes d-empregalo algunha vegada nas vosas composicións literarias; nin racito menos tinga as vosas meixelas por eispresarvos na lingua dos nosos abós, o inbécile enroxo do miserabre que se avergoña da súa patria. ¿Non é por ventura isa lingua de tan nobre orixa coma calquera das súas hirmás, tan pintoresca e fresibre como a primeira, doce e onomatópica coma ningunha?”
Para nós, galegos bós e xenerosos, -os únicos galegos de ialma inteira- ao noso idioma temos que adicar os nosos azos e devocións pra rehabilitalo e purificalo, porque n-il adeprendimos a falar e a pensar, anque moitas vegadas, ¡moitas!, soase nos nosos ouvidos outra fala máis ausorbente e máis tiránica.
O noso idioma non-o inventamos n-un intre de vaidade trampitanesca, non xurdiu por xeración eipontánea, in por lucubración d’algún filólogo. É algo máis profundo e imperioso que unha arquiteitura feble e improvisada; é obra do imperativo xeográfico, do deveñir hestórico, do desenrolo do nosos xeitos mentaes. E pesa tanto no espritu, que se fora facedeiro facelo desaparecer de súpeto, con il desaparecería a nosa espritualidade e a nosa hestoria, é decir haberíamos esnaquizado os máis tenros e barudos anoncios da nosa ialma, haberíamos mergullado na morte a que quermos inmorrente Galiza. É tan forte na nosa concencia o seu pulo, que aínda os galegos a quenes a vida en outras terras lles obriga a eispresión n-outras linguas, deixan ver sempre n-ila o aletexo formas da súa primeira fala. Trátase do fondo insobornábele das cousas que viven no íntemo terreo sentimental, e que afroran queiramos ou non, da mesma maneira que todo home ben dotado ideolóxicamente, amostra a súa formazón doutrinal cando fala ou escribe de calquer probrema vidal.
Foi de cote pra os nosos poetas un dos máis eisaltados amores, Curros decía do galego, que era a lingua que falaban os nenos e os anxos que garrulaban os paxaros, e que algún día sería fala d-un porvir universal. Lamas sentía tamén pol-a lingua un xeneroso entusiasmo.
Sabido é que todo movimento reivindicador d'unha persoalidade hestórica que se cre desparecida encomenza de cote por manifestarse na esfera lingüística.
A primeira vitoria dos checos sobor dos alemáns foi a de que se recoñecese a súa lingua como oficial no imperio austro húgaro. E por outra parte, o paneslavismo, pangermanismo e o angrosaxonismo non son máis que movementos basados na lingua. Trátase de axuntar en grandes razas hestóricas, baixo unha lingua común, a castes e pobos cuia conseguinidade é máis que d'abondo discutibre. Pobo que non deixa esmorecer seu idioma pode aínda falar de nazonalidade, por iso Lamas na súa poesía "Ánxel de Redención" di:
Galicia inda non morre,
Pois ten ideal, latexos,
Espranza e vigor;
Inda millós de lábeos
Prenuncian a súa fala.
De Opinión Gallega, de 1949
