Blog

 UN ARCEBISPO GALEGO: MANUEL LAGO GONZÁLEZ, CONFERENCIA DO DR. A. VILANOVA (1967)

O día 28 de xullo no saón de aitos do Centro de Pontevedra, o erudito doutor Alberto Vilanova Rodríguez ditou unha mañífica conferencia sobor “Un arcebispo galego: Manuel Lago González”. Estaba o saón mencioado enteiramente repreto, co diño marco dunha calificada concorrenza, xa que alí achábanse as máis outas presoalidades e dirixentes da nosa coleitividade.

A CONFERENCIA

Comenzou decindo Vilanova que o traer eiquí a Lago González, arcebispo compostelán, parescería algo así como retorcer un pouco as


cousas… pero que vimos eiquí empurrados polo cramor que vive Galicia e ista nosa coleitividade, xa que nistas xornadas galegas, as aititudes de algúns na máis outa entidade galega, invocando a nome de Galicia e chamándose galegos, é un ultraxe a nosa diñidade e a nosa patria.

UN HUMANISTA I-EXEMPRAR PATRIOTA

Lago González tiña unha outa calidade de emoción galega, innada. Imitalo nas súas virtudes é un deber de todo bo galego. Lago González é un distes galegos exemprares nado en Tui. Trazou Vilanova unha lixeira sembranza do esgrevio prelado, sobriño d-un crego ilustre, un humanista exemprar. Acota que os cregos de Galicia desertaron do seu ministerio, póndose fóra da liña do insine arcebispo, e se refere a unha nota do Faro de Vigo na que decían que os evanxelios non se podían decir en galego. Logo sinala aos que na Galicia, cáseque todos na categoría inteleitual, defenderon o idioma, bastaría con mencioar a López Ferreiro, Oviedo Arce, Pedret Casado, Espiña Morente, Rey Romero... Humanista como poucos era Lago González, que conecía as linguas crásicas... na exempraridade do seu valor, dos seus prencipios humáns. O doutor Vilanova relata cómo fixo Lago Gónzalez os estudos das linguas crásicas e de outras discipriñas, moi dadas en Tui, cibdade dos meiranades humanistas: Seoane, Álvaro Cadaval Valladares de Soutomayor, F. Sánchez, Xan García de Saavedra, Pedro Fernández, que foi primeiro profesor do Colexio de San Carlos (hoxe Buenos Aires) e mestre de moitos próceres arxentinos.

DEFENSOR DO IDIOMA, AMIGO DOS LABREGOS E NEMIGO DOS CACIQUES

Lago González gaña a beca por oposición en 1881, e tres anos despois pubrica a súa primeira poesía en galego: “Derradeiro tempo”. Santiago infruie no seu ser. Volta a Tui, fai oposicións. Arremete contra os caciques. O Dr. Vilanova descrebe a relación que tivo con Antonio Cerviño González, nado tamén en Tui, como escribía en 1888 en “La Integridad”, que redataba dúas seiciós firmando algús dos seus traballos co seudónimo de Xan Galego, defendendo aos campesiños. Concurría o Concello de Tui pra escoitar as barbaridás  dos concexales, e foi preso i-espulsado. En 1891 reaizáronse os primeiros Xogos Froraes na cibdade tidense. Niste certame a consiña era que “soilo se poderá falar en galego”. Lago González pronunciou un maxistral discurso de apertura.
Despois de outros relatos de cando Lago González se trasladou a Lugo e insinaba literatura preceutiva e de cómo interviña nos sindicatos agrarios, da súa entrada na Academia Galega, na que tomou parte encetándose co idioma galego, chegamos ao ano 1909 en que é nomeado bispo de Osma, e xa idea o seu blasón: escudo de Galicia e de Tui. Faise famoso cos seus traballos en Barcelona. Bispo de Tui en 1917. Eiquí, na súa cibdade nadal, é cando reaíza a laboura máis galeguista. Despois de outras narraciós da vida e obra de Lago González  que Vilanova fai con exemprar metría, dixo que o 4 de maio de 1923 ingresa no Seminario de Estudos Galegos ao mesmo tempo que o insine Castelao e o discurso alí dito se non foi pubricado sería diño de facelo, no que eisaltou a Galicia na obra de Castelao.

CAMPAÑA DIFAMATORIA

En 1925 unha campaña difamatoria foi minando o seu espritu i-a súa saúde. Os mesmos xornalistas da esquerda tiñan medo á perda de Lago González. Era unha perda eistraordinaria; era moito o que se perdía, de quen Galicia esperaba todo: a misa, sermóns e todo insino en galego, como il desexaba. Pois pouco tempo denantes da súa morte aínda manifestara: “Hai que unirse pra defender a Galicia”. E logo fixo o testamento no que sinalaba que tiña moitas deudas, as cuaes foron enxugadas cunha suscrición á que respondeu toda Galicia. E o 18 de marzal de 1925 iste galego insine i-exemprar pechaba os seus ollos pra sempre, pra non ver máis a súa patria que tanto amaba.
Finou Vilanova a mañífica disertación lendo uns versos do gran prelado, –que se fixeran populares-, eisortando aos concurrentes tomar o vieiro da galeguidade que o defensor dos dereitos patrióticos e batallador dos foros nos insinou ao traverso da súa groriosa vida. Unha ovación enardecedora  coroou as beldas verbas do doutor Vilanova.

“Correo de Galicia”, nº 44 e 45, páx. 8. Buenos Aires, 30 de agosto de 1967.
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica