Publicacións
Blog
HERDANZA DE UN BIBLIÓFILO, por Pedro Gómez

Nestas alturas, Vilanova resta na memoria dos seus amigos, familiares, discípulos con tristura e agarimo. Pero Ourense resta deudor deste home cheo de virtudes cívicas e intelectuais, que deixou moi en alto o pabellón ourensán e galego en terras arxentinas. Cómpre das autoridades municipais e das forzas vivas do galeguismo e da intelectualidade fagan perdurable a súa laboura e obra a traverso dun homenaxe axeitado, dunha rúa adicada ou dun moimento nalgún sitio da cidade.
Vilanova deixou a Ourense –por medio da Deputación- a súa obra literaria, os seus manuscritos, dunha meirande valía. Deixou aos ourensáns amantes da cultura e dos libros unha herdanza que matinamos que perto a Deputación porá o servizo de todos nós.
Hai que facer xustiza a este home analizando a súa obra, aínda que descoñecida para moitos, reveladora de moitos hitos da galeguidade en América, de persoaxes sobranceiros da nosa cultura. Aportacións cimeiras na crítica literaria da que moitos se serviron (caso do libro sobre Curros Enríquez). Pero dentro da súa obra –plena e lúcida- hai (xa o dixemos noutra ocasión) retales de ensaios e historiografía teolóxica galega que son reveladores dunha faceta para moitos descoñecida e que amosa a fonda inquedanza relixiosa que tiña e que acadou en viva fe na súa doenza e morte. Faciana teolóxica que pode ser reveladora de moitos datos lumieiros para a cultura relixiosa galega e fonte de posibles traballos neste senso.
O cabodano foi para todos nós (amigos, familiares, discípulos alí presentes) unha lembranza dun dos millores intelectuais ourensáns e un novo pinchazo para sacudir a conciencia galega e intelectual de todos nós, sen esquecer ese homenaxe que Ourense lle debe, sobre todo neste tempo de acordos culturais reverdecidos nos nosos Concellos, Deputacións e Xunta.
Alberto Vilanova déixanos unha fermosa herdanza nos seus escritos e nos seus libros. Herdanza elaborada en moitos anos nas Américas, a base de paciente estudo, adicación calmosa, cátedra luminosa e intelixente investigación. Herdanza sabenciosa e fonda, especializada nalgúns temas e case inédita e única en algúns poucos. Herdanza traída so seu lar, á súa cidade, para pousar definitivamente –como o seu corpo- na nosa Terra.
GÓMEZ, Pedro: Herdanza dun bibliófilo.

Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova 