Blog

 AITO DAS MOCEDADES GALEGUISTAS, CONFERENCIA DE ALBERTO VILANOVA

Organizado polas Mocedades Galeguistas, levouse a cabo, o día sete deste mes, nos salóns do Centro Ourensán, un grande aito de caraute patriótico galego que foi unha afirmación máis da nosa persoalidade e dos valores esprituales do noso pobo. Veleiquí unha sucinta reseña do que foi dito aito.

No proscenio estaban as bandeiras arxentina e galega, sostidas por dous rapaces das Mocedades, como símbolos eternos de entrambos pobos ien homaxe nos mismos. Deu comenzo o aito co Hino Galego, cantado pola Coral “Terra Nosa” do Centro Ourensán, baixo a dirección do mestre Xosé A. Gallo, cantando, ademais, outras tres canzóns galegas. A seguido o señor Antón Moreda, membro das


Mocedades, espricou a obra e porpósitos da entidade sinalando, de paso, o deber dos mozos galegos pra con a Terra, como fillos que a aman e a teñen sempre na memoria pra honorala. Deu leutura tamén a delas adhesións que se recibiron de outras entidades irmás.

Tamén agradeceu ao Centro Ourensán a súa cooperación facilitando o seu casal pra este aito.

Logo, fíxose ouvir o conxunto composto polas señoritas arxentinas Clotilde Iglesias, Pilar Xeremías e  Dora Seco Cela, dirixidas iacompañadas ao piano  polo señor Emilio Pita, as que cantaron canzóns galegas con eisquisito arte, tal como xa tiñan feito en outros aitos dos que damos conta neste mismo xornal.

Como número derradeiro ouviuse a verba do distinto profesor galego Dr. Alberto Vilanova, que disertou sobor da personalidade de Valentín Lamas Carvajal dando unha mañífica conferenza en que analizou a obra do grande poeta ourensán e sinalando, de paso, outras persoalidades e sucesos que se relacionaban co tema, o que foi desenrolado coa mestría a que nos ten acostumados o Dr. Vilanova, quen fixo gala dos seus outos coñecementos encol das persoalidades e cousas de Galiza. Todos os que interviron neste aito de afirmación galeguista colleitaron grandes aprausamentos do púbrico asistente. Pola nosa banda felicitamos a todos eles e particularmente, ás Mocedades Galeguistas pola súa laboura a prol da nosa patria galega.

Bos Aires, novembro-decembro de 1958
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica