Publicacións
Blog
A PRESENZA DE ALBERTE VILANOVA EN AMÉRICA por GAYOSO FRÍAS, A
Canto tivéramos maxinado naquiles xa esvaídos tempos de arelosa fraternidade ourensán, cando xa a agromada xuventude de Alberte Vilanova se perfiaba con visos de grandeiro relevo nos vieiros da investigazón histórico-literaria da nosa rexión, veuse defiñir moi compracentemente despois duns cantos anos de amargurados aconteceres, nos que tivo que tensar as rexas frebas do seu ben temprado esprito pra poder levar deica o fin a inxente e esgotadora tareia de esculcar nas máis craras fontes da súa adoutrinadora especialidade.
Doado froito daquelas estudosas e concenzudas percuras, foi o seu nidio traballo: "Vida e obra de Manuel Curros Enríquez", no que endemais de tecer con douta probidade a biografía do esgrevio celanovés, logrou verter, con interpretativa transparenza, a máis fonda
Por aportazón de tan outa alcuña pras nosas letras, vaia pra il os máis afervoados parabéns: e tamén pras galegas institucións que tan cumpridamente achedan e galardoan istes doados apareceres, xa que con orballo tan xermiñador veremos agromar ergueitos e rebousantes [...] novos retoños que vaian xurdindo.
E agora que o feliz autor xa vai alumeado por tan resprandecente craridade, e por saber que alentan nil aquiles benaventurados latexos que tanto distinguiran ós nosos precursores, nin que decir ten que a súa obra ficará alcadando os máis sobresaíntes contornos nas videiras datas do xa alborexante porvir.
Orgallá que eisí aconteza, e que a poida desenrolar nun ambente de edificante e renovadora fraternidade; pois, xa que veu a engadir as súas múltiples aititudes ás daquiles centos de milleiros que dende a emigrazón percuran soerguer o sagro nome de Galiza, que a súa ilustrada soidaridade xenere novas forzas pra darlle pulo a tan nobre tareia.
GAYOSO FRÍAS, A.: "A presenza de Alberte Vilanova en América", Galicia, Bos Aires.
