Publicacións
Blog
UNAMUNO EN GALIZA (1968)

iñoro as súas fidediñas referenzas. Unamuno visitou a nosa Terra a fins de 1900, no 1903 e no 1912.
No 1900 facía estourar unhos terríbeles eisporsivos verbaes nas cidades de Bilbao e Valladolid que causaron unha verdadeira conmoción na irta vida española. A fins diste ano foi invitado por primeira vez a falar en Galiza. Unamuno aceita a invitación, e ao aceitar deixa ben craras cales son as súas tencións misioneiras nunca carta que lle escrebe ao seu amigo Arzadun: “Me llaman a Vigo y en vez de soltar seis conferencias de economía política o de lingüística haré una seisena, seis sermones laicos, con su tinta protestante. Y les hablaré también del culto de la vida en este pobre país que ha vivido con el culto a la muerte, y de lo grande del pro patria vivere y que no es tanto morir como seguir viviendo el dar vida por la patria; y del valor moral, de la necesidad de arrancarnos nuestros más caros sentimientos, cuando nos impiden marchar con el progreso (como lo del Vascuence) y mirar a la Esfinge cara a cara. Te digo que ello resonará porque hace tiempo que la Providencia pone resonador a las palabras que me salen del alma. ¡Y adelante! Tengo una misión que cumplir y la cumpliré. Y quiero supeditarme a algo mayor que yo, servir a un ideal, para tener derecho s supeditar a mí otras cosas, y a no detenerme en mi camino por piedra más o menos. Te hablo de mí mismo con entero abandono, con absoluta franqueza. Creo ser uno de los hombres representativos de nuestra raza –con perdón de esos desdichados que ahora me llaman traidor, mal hijo y renegado- y si ellos se obstinan en su ceguera y en seguir apegados a sus mezquindades, quédense cantando el Guernicaco y hablando de los fueros que nuestra raza irá conmigo a otros destinos y a otros rumbos”.
No ano 1903 foi a Ourense pra asistir á un Congreso Pedagóxico, onde o esgrevio Reitor da Universidade de Salamanca tivo unha das súas máis brillantes intervencións.Encetou o seu discurso combatindo o encastelamento dos artistas na súa torre de almasí, e sinalando que a laboura dos inteleutuales na España tiña que sere de abnegación, de humildade, de sinxeleza, de verdadeiro sagrifizo. Non se nos pergunta –di afeito- qué pensamos encol de tal ou cal punto, senón qué hai asentado e en craro encol dil, non se nos pide que disertemos con enxeño ou novedade ou profundidade encol da escritura ou a teoría dos números, senón que ensinemos a escrebir e a contar aos que o non saben; que sexamos escolantes. Pois é preciso convertir á Patria en escola, ensinándonos mutuamente e comulgando no ensino de onde nacerá o amor; finando con ademirables conceitos encol da nenez e facendo un hino á patria e á escola.
De Ourense pasou á Cruña i eiquí na prestixiosa Reunión de Artesáns diu unha conferenza encol do “Deber de la sinceridad”, na cal dixo antre outras cousas, que calquera pode ser profundo, con soio ser sinxelo. Si nosoutros vísemos tudalas ialmas espidas, a sinxeleza acabaría coas rioras que esgazan a humanidade, pra repetir, finando a súa disertación, verbas doutro pensador: “Facer cada cousa coma si fose a úneca e derradeira que debe facerse”. Na Cruña coñeceu a presidenta honoraria do Circo de Artesáns, Dona Emilia Pardo Bazán, coa cal fixo unha garimosa amizade da que se contan moi saborosas anéidotas. Denantes de voltar a Salamanca e Betanzos, amostrando sabidamente os seus coñecimentos arqueolóxicos ao contemprar os seus moiementos; enfeitizado da paisaxe que calificou de femenina, polo profuso do seu gornimento, dondura e morvidez das súas curvas. Foron tan suxestivos e fortes os encantamentos de Betanzos, que nunhas decraracións que lle fixo a Francisco Camba, afirmoulle que lle gostaría vivir naquila cidade.
A pegada que Galiza deixou no espritu de Unamuno foi moi rexa. Asina nunha carta que lle escrebía ao direitor da revista “Coruña Moderna” en febreiro de 1906, lle decía antre outras cousas: “Las reflexiones que en mi mente precedieron a la concepción del artículo por usted reproducido, y las que me han sugerido las observaciones que a él se me han hecho, han vuelto a ponerme a conciencia los complicados problemas que surgen del hecho de que está integrada España por castas diferentes. Y pensando en esto, y preparando sobre todo un trabajo sobre el estado íntimo del Portugal contemporáneo, he recordado muchas veces mi gratísima visita a esa noble y culta Galicia. Hubo un tiempo en que el centro de Europa se llamaba España o la España musulmana, y al resto, a los reinos cristianos de la reconquista, Galicia o Tierra de Santiago (Jacobsland). Y es que Galicia era entonces el verdadero refugio de la cultura en España, el foco de las bellas letras, el centro de la delicadeza social, de la civilización. Y esta tradición ha dejado, sin duda, su rastro en esa tan mal conocida tierra gallega. Cuando a raíz de mi visita a ella escribí en El Imparcial unos artículos en que fijaba mis impresiones, hice notar como se advierte en esa tierra un espíritu de cultura; es decir, de delicadeza y suavidad de maneras y sentimientos y de tolerancia de espíritu. Y es menester no confur la cultura con la ilustración, pues así como hay personas ilustradísimas, es decir, que saben multitud de cosas y son conocedoras de muchas y variadas nociones, siendo, a pesar de ello, incultísimas, rudas, violentas, incomprensivas, intolerantes, secas y duras, asimismo personas faltas de ilustración, pobres labriegos casi analfabetos, que muestran un espíritu culto, curioso, sagaz, refinado y penetrante y sentimientos delicados. Y sin negar, ni mucho menos, que hay ahí personas ilustradas, –conozco gallegos ilustradísimos- ni que las haya en tanto número, por lo menos, como en otras regiones no calumniadas, lo que aseguro es que me parece hay entre los iletrados e ignorantes más cultura que en otras regiones. Y todo ello debiera aprovecharse, y los buenos hijos de Galica, a quienes Dios les haya deparado una inteligencia despierta, deben dedicarla a levantar el espíritu de sus paisanos a impulsarlos a que intenten dar su tono y manera a la cultura española porque ello es triste pero lo han observado muchos; en la política española han figurado siempre en buena parte los gallegos, pero no se ha conocido que lo sean ni ha logrado darle un sentido que reconozcamos como propio de ellos. Un amigo mío, gallego, aseguraque los gallegos más o menos ilustres en cuanto se elevan en Madrid a puestos eminentes se desgalleguizan en todo menos en el acento. Mas conservan su manera de ser en las letras y es evidente que en el respecto espiritual –que es duradero- la Pardo Bazán ha hecho pro Galicia más que cualquiera de los innumerables ministros gallegos y que muchos de ellos juntos. No habrá repartido credenciales, ni hecho jueces, ni carreteras, ni puentes, pero ha hecho mucho más que eso. Y el nobilísimo empeño de corroborar y elevar y ahondar el sentimiento colectivo gallego, la fecunda labor de hacer que sea en todos los gallegos consciente el alma gallega, sólo puede llevarse a cabo tratando de imponerla a los demás pueblos y de influir por ella en ellos”.
Fina a súa carta destacando que a Portugal prexudicouno o receo hacia España e seu temor a sere ausorbida por ista. Púxose á defensiva, en ves de aportuguesarnos, e así lle foi. A independenza pode non sere sinón unha independenza oca, sin contido verdadeiro, sin finalidade, unha independenza mesma, coma si ista fora máis que un meio. En Portugal a independenza marcárona a costa de persoalidade e do patriotismo. Aconchegados a España houbera xurdido alí un porteguesismo en obras de espritu coma o catalanismo é na Cataluña, e cecais lles había dado vida á puña por levar á Lisboa ou Oporto a capitalidade de España. Agora por unha ombra de independenza, vese axionllada aos pés dunha dinastía funestísima, escrava de Ingraterra. A leición é dura. Ista é unha teima vella nos miolos de Unamuno, pois nunha Carta que lle dirixía moitos anos dispois ao escritor e profesor urugaio Alberte Nin Frías repetía igoales conceitos.
No agosto de 1912 foi a Pontevedra pra aituar coma Mantedor dos Xogos Froraes. Tamén alí fixo de revulsivo coa súa carraxe caraiterística, manifestándose agresivo contra o meio ambente, causando verdadeiro abraiamento e desgosto coas súas verbas cáusticas, encomenzando por laiarse da probeza dos traballos presentados, pra finar dicíndolles –e isto alporzou aos pontevedreses-, dirixíndose as donas que formaban a corte de honore da Raíña da festa, que non comprendía, como ousaban ocupar un lugar tan destacado naquil aito, coas mesmas galas e fachenda con que unha hora denantes, habían presidido unha corrida de touros, aporveitando iste intre pra atacar con acedo furor tal espeitáculo. Parece que a imprensa galega non foi benévola con Unamuno, de cuias queixas se fixo eco a imprensa de Madride. Non embargantes eiquí en Pontevedra adicousae a visitar as persoalidades da cidade facendo unha boa camaradaxe con Perfeito Feixóo, Casto Sampedro e con tudolos inteleutuaes que facían tertulia na rebotica do ilustre fundador dos Coros galegos, especialmente co eminente e malogrado Víctor Said Armesto, por quen sentía fonda estimanza, igual que anos antes en Ourense visitara aos vates máis representativos daquila cidade: Filomena Dato e Lamas Carvajal, dando lugar a certas esceas que pertenecen ao mundo puro da anéidota.
En Pontevedra foi entón entrevistado polo xoven abogado e periodista Isidoro Millán, en que respostanto a unha das preguntas dixo: “Los gallegos son distintos en su tierra y fuera de ella. Aquí, debido acaso a condiciones climatológicas, hacen poco o no hacen nada. Una abrumadora laxitud los consume. Sin embargo, al salvar las montañas de su país, se les ve trabajar y progresar. El trasplante influye en ustedes muy elocuentemente. Nacen y crecen débiles, ascienden a la cima, se les secan los huesos y luego llenos de energía, acometen las más grandes empresas y triunfan en ellas. Son otros ya”. Nin fai falla facer unha severa peneirada pra percibir a superficialidade, así como o descoñecemento do probrema político-social de Galiza que tiña Unamuno, ó facer tan arbitrarias manifestacións.
Cando estivo en Pontevedra, aporveitouno pra facer eiscursións a Compostela e as Rías Baixas, por certo nunha disas, acompañado por Said Armesto, foron a Bueu, invitados polo escritor Manuel A. Bares, que residente en Bós Ares, alcontrábase pasando unhas vacacións no seu pobo natal, sendo tudos iles testemuños dunha das máis graceosas e xeñaes ocurrenzas de don Miguel. No intre das presentacións, Bares, un pouco colleitizado polo materialismo americán, amostrou a Unamuno a un tipo vulgar, coma un ricas facendado, abondoso home de diñeiro. Entón don Miguel de súpeto dixo: “A propósito de ricos vou a contarles a ustedes un caso que conozco. Nos reuníamos en tertulia cotidianamente unos cuantos literatos y artistas. Toda era gente inteligente de pensamiento. Sólo a nuestra peña, como de contrabando, concurría un individuo que no era intelectual ni artista. Jamás decía nada interesante. Solamente era rico. Cierta vez, uno de nosotros necesitó dinero. Todos pensamos en acudir a nuestro acaudalado contertulio. Pero éste, el hombre rico, a nuestra petición contestó negándose. Entonces tuvimos que llamarle estafador. Con engaño, él había venido hasta entonces aprovechádose de nuestra única “riqueza”, ¡nuestra inteligencia! Y cuando necesitábamos del pago con la suya, resultaba que nos la negaba. Le despachamos con cajas destempladas llamándole estafador y diciéndole que nos venía explotando desde el primer día en que lo acogimos, sorprendiendo nuestra buena fe”.
Unamuno non voltou a Galiza, sin que por iso se amortecese o meirande amor que nosa Terra lle inspiraba. Estivo a punto de visitala novamente en 1930. A fins diste ano, no que España enteira fervía nun embalo cidadán, o entón estudante de Meiciña Domingo García Sabell, en nome da inesquecíbele FUE da que era presidente, e que xa amostraba o valor e nobres inquedanzas, con que hoxe conqueriu un sinalado posto na inteleutualidade galega, invitaba a Unamuno a ir a Santiago a dare unha conferenza. O sapente mestre salmantiño respostaba nunha carta na que rexurde viva a lembranza de Galiza: “No saben bien mis jóvenes amigos –creo deber llamarles así- cuán agradecido quedo a su cordial invitación y de qué buen grado la acepto. Entre otras cosas por volver a esa maravillosa ciudad de Santiago que la llevo estampada desde que la vi, en las entretelas de mis entrañas. Ahora vienen el concertar la ocasión”. Sigue na carta referíndose a outros vencellos con outras cidades de onde o chaman pra o mesmo fin, pra finar dicindo: “Tengo un viejo compromiso con Gijón y Oviedo y si pudiera arreglaría una pequeña tournée en que de Asturias me fuese a esa Galicia de que tan hondos recuerdos guardo”.
Espallada por diferentes traballos deixou Unamuno valiosas ou curiosas referenzas a Galiza e os seus homes, algunhas das cales por sere pouco coñecidas damos a continuación, deixando a súa glosa correspondente cando corresponda.
En dous artigos pubricados no “Nuevo Mundo” de Madride (24-XI-1922 e 23-XI-1923) reitera os tan manoseados comentarios ao apóstolo Santiago, difrenciando o Matamouros da leénda española o de Clavijo, do Santiago da leénda evanxélica, coas súas teimosas referenzas a Prisciliano, que coma se sabe creía enterrado no Sartego de Compostela no lugar do fillo do Zebedeo. A longura do noso traballo impídenos comentar debidamente.
Falando do “Juan Tenorio”, di: “Un gallego, un portugués, un asturiano podrán dejar de creer en Dios –o creer que dejan de creerlo-, pro no en las benditas ánimas. Y ven, sobre todo en ciertas noches, pasar la estantigua, la huestia, la santa compaña, la fantasmática procesión de sus difuntos. Y este culto, probablemente anterior al cristianismo, persiste en éste y persistirá cuando este cristianismo popular, laico, español, se cuele en la religión comunista que le suceda, como en nuestro cristianismo se coló el paganismo.”
Comentando o xa crásico libro de Borrow, estupendamente traducido ao castelán por don Manuel Azaña e cuia tradución louba sin preparos o propio Unamuno, transcribe a curiosa decraración do protestante ingrés, cando di que a súa patroa de Madride lle indicaba que fose a repartir biblias a Villaseca, na Sagra ou en Toledo, onde as xentes se dirixían aos eistranxeiros a grandes voces, i en galego. Habían adeprendido algunhas verbas galegas dos segadores e, coma era a úneca lingua estrana que coñecían, parecíalles moi cortés dirixirse aos eistranxeiros nisa fala.
Onde se crebaba a crara intelixenza de Unamuno era no seu prexuizoso criterio ao enfrontar a probrema do noso idioma vernáculo. Oposto sistemáticamente ao desenrolo litario das linguas vasca, catalán e por suposto o galego, levábao a sentar pontificalmente a pronta desaparición das mesmas, vencidas pola suposta superioridade do castelán. Así cree que o catalán irá a fundirse co castelán como foron o leonés e o aragonés i está indo o galego i o valencián.
Non soportaba certas introduccións ou neoloxismos no galego que estima petulantes ou fraudulentas. Ben coñecido é o seu comentario agredoso a terminoloxía “achádegos de cadeirádegos”, do que se burlaba máis dunha vegada, como á costume dos escritores galegos de escrebir a verba “Hespaña”: “Hace poco en un pequeño semanario gallego, escrito en un gallego que olía a sudor, y no digo a aceite, porque el que lo escribía velaría a la luz de una bombilla eléctrica, mientras devanaba aquellos voquibles de la lengua enxebre, que Curros Enríquez soñó, poéticamente, en que llegase a ser universal; en ese semanario se escribía Hespaña con hache, así, a la portuguesa. Porque no nos harán creer que en Galicia aspiran el nombre de España”.
Cando falou nas Cortes Constituintes de 1931 no pleito da lingua española i en cuio discurso esbardallou canto quixo, amostrando un descoñecimento ou trabucamento da temática poética de Curros, e chegando a afirmar que Rosalía cando quixo alcontrar a muller universal, nona alcontrou nas copras galegas, senón nas poesías casteláns de “Orillas del Sar”, Vicente Risco facíalle o seguinte comentario: “Ben sabía eu que habíamos ter por nemigo nas Cortes a D. Miguel de Unamuno. E decátome ben do que representa nun país de mentalidade mitolóxica e de tan fonda e incorrexíbele incrinación á idolatría coma é a Hespaña, o ter por nemigo a unha figura de tan poderoso prestixio e de tan forte poder de suxestión sobros que o comprenden e principalmente sobros que o non comprenden, coma é Unamuno. Ondas cousas apreciánse non tanto polo que valen en si, coma por que as di, unha puñaladaque nos dea Unamuno pode ser mortal. E máis aínda tratándose de xente de tan poucos folgos coma somos os galegos. Cos vascos e cos catalás, xa é outro cantar. Unamuno coscente coma é do poder que ten na imprensa e no púbrico, dono coma é dos seus recursos, non todos do máis leal, seguro comestá de cas súas verbas han de ser repetidas e esparexidas por todos los grandes rotativos de Madrí, pra que cheguen a todolos currunchos da Penínsua, onde tanta xente xa disposta de antemán a darlle tino, inda que vaia trabucado, sabe moi ben, emporiso que non pode cos catalás. Diste xeito, a súa vitoria, verse a consigue conosco. Falo da vitoria final, que por de pronto, na Cámara, craro está que pode trunfar... Unamuno é un grande home emperrado en conservala súa cadeira social canto máis tempo poida. Coñece ao seu púbrico coma se o parira, e sabe ben como lle ha de falar, pra aproveitalas súas flaquezas. Somentes diste xeito ten espricadeira o que un home da súa alteza mental defenda a súa tese a poder de tópicos manidos, a poder de escamoteos lóxicos e a poder de facer rir a xente. Ortega e Gasset, o filósofo máis euporeo, con máis dominio da forma nono houbera feito así. E pode que aducira razós novas... Ora que il fala –o negar a eisistenza do probrema lingüísteco- coma si nós defendéramos a cousa por necesidade material, e non hai tal cousa. É por necesidade espiritual. Isto il ben o comprende, mais non lle convirá tratar o asunto por ise lado. Porque ahí é donde doe”.
Non creio con Risco que Ortega e Gasset fose máis comprensivo que Unamuno ao enfocar o probrema das nazonalidades españolas, como o desmostrou dimpois ó tratarse o Estatuto catalán por outra parte, é dooroso decilo, Ortega apesares de ter pola súa nai sangue galega, en tuda a súa inxente obra, apenas si lle adicou a Galiza catro liñas, e algunhas tan desditadas coma aquilas en que refiríndose a nosa Terra, a calificou de xentes rendidas. Unamuno si é verdade que non podemos defendelo polas súas teses idiomáticas no que a nosa lingua se refire, tivo en troques pras nosas xentes as máis sentidas e xustas loubanzas. Vexamos algunhos exempros...
Comentando “La Bien Plantada” de Xenius, escrebía: “acaso es Galicia donde más cultura hay entre los que no saben leer, donde hay más oculta tradición, antigua y noble, de toda España”, e noutro artigo di: “de mi sé decir que las más profundas sentencias se las he oído a mendigos, sobre todo si eran gallegos”.
Prologando o belido e póstumo libro do literato chileno Lois Ross Múgica, “Más allá del Atlántico”, libro que polas zumosas apreciacións que fai da nosa Terra, comentaremos aparte, escribe Unamuno: “Ross se detenía en Galicia, pórtico de España viniendo del Atlántico, a ver desde ese hermosísimo rincón, y a conocer en su propia tierra, en su ámbito propio y nativo, a esos honradísimos, nobilísimos y laboriosísimos gallegos, cuyo nombre ha llegado a tomar una estúpida significación despectiva en boca de mentecatos y de petulantes. Estudiaba allí, de paso, nuestra emigración, ya que es allí donde llega a su mayor auge”.
Escrebendo encol do probrema catalán, é curiosa a interpretación enxel que fai dos anarquistas galegos: “Y hace aún pocos días, comparando la reciente ejecución del rey don Carlos de Portugal, con el odioso atentado de Morral el día que se casaron nuestros reyes, hube de explicarle a un portugués la diferencia que media entre los anarquistas gallegos y los catalanes. Y es, que, habiendo en La Coruña, relativamente, más anarquistas que en Barcelona, no se recuerda en la capital gallega haya habido atentados con bombas y, en cambio, los oberros coruñeses han andado una vez a tiros con las tropas en la calle, cosa que no se recuerda en Barcelona. Y no estaría de más que estudiaran el origen psicológico de la diferencia los que han traído a Mr. Arrow”. Iste artigo de Unamuno foi pubricado en “El Mundo” de Madrí o 13 de febreiro de 1908, ano do asesinato do rei portugués e da morte do noso Curros acaecida no marzal. Pois ben o escritor vasco Grandmontagne ao adicarlle unha fermosa i escorreita sembranza ao noso poeta as poucas horas do seu falescimento, tamén destacaba iste xesto dos ácratas galegos na Cruña, posibremente tomado do artigo de Unamuno.
Moitas persoalidades galegas disfroitaron do afeuto e ademiración de Unamuno; bastaría citar os nomes de Valle-Inclán, Said Armesto, Camilo Bargiela, Pardo Bazán, Castelao. A índole diste estraito nonos permite agora facer a glosa disas relacións, nas que hai que conter ao malogrado pintor Xaquín Vaamonde, o protexido de Pardo Bazán, que ben meresce unha lembranza nise feixe de amizades sinxelas. Mais compre destacar eiquí moi especialmente a ademiración que Unamuno sentiu por outro galego impar: Pablo Iglesias, ao cal non debía ser allea a militanza moza de Unamuno no Socialismo. Gostaba Unamuno de relembrar as conversas tidas co Abó encol da custión social, e máis dunha vegada tivo para o apóstolo do proletariado español as máis garimosas eispresións ademirativas, en cuia estimativa coincidía coa outra outísima figura da inteleutualidade hispana don Xosé Ortega e Gasset. Unamuno non atariñaba en calificar a Pablo Iglesias como “uno de nuestros caracteres más admirables por su enterza y ecuanimidad”. Noutro artigo, “El Colegio de Pablo Iglesias”, dinos: “Aquel hombre admirable, esperaba una nueva civilización, la misma que esperan tantos compañeros, camaradas suyos, de ideal. Colaboré con él en algún modo... En aquel espléndido escenario del teatro de la naturaleza castellana, no pude por menos de evocar la figura recia, sólida, noble, robliza –de roble galaico-, de uno de los más grandes actores y autores de nuestra tragicomedia nacional española...”
Unamuno non foi xusto ao enxuizar o desenrolo vidal e o destiño hestórico das linguas españolas, pois mergullado de cheo na defensa do imperialismo idiomático do castelán, defendeu con paixón dina de millor sorte a primacía e o ausolutismo ausorbente da lingua de Cervantes, polo que muitas das súas interpretacións da lingua galega cáense soias pola falla de ecuanimidade e de razón hestórica no seu enfoque. Máis ben meresce a nos indulxencia si reparamos en troques, na xustiza, valentía e aturamento en defensa de Galiza, das súas virtudes, dos seus valores e de seus homes.
VILANOVA, ALBERTO, Bahía Branca, 1968
No 1900 facía estourar unhos terríbeles eisporsivos verbaes nas cidades de Bilbao e Valladolid que causaron unha verdadeira conmoción na irta vida española. A fins diste ano foi invitado por primeira vez a falar en Galiza. Unamuno aceita a invitación, e ao aceitar deixa ben craras cales son as súas tencións misioneiras nunca carta que lle escrebe ao seu amigo Arzadun: “Me llaman a Vigo y en vez de soltar seis conferencias de economía política o de lingüística haré una seisena, seis sermones laicos, con su tinta protestante. Y les hablaré también del culto de la vida en este pobre país que ha vivido con el culto a la muerte, y de lo grande del pro patria vivere y que no es tanto morir como seguir viviendo el dar vida por la patria; y del valor moral, de la necesidad de arrancarnos nuestros más caros sentimientos, cuando nos impiden marchar con el progreso (como lo del Vascuence) y mirar a la Esfinge cara a cara. Te digo que ello resonará porque hace tiempo que la Providencia pone resonador a las palabras que me salen del alma. ¡Y adelante! Tengo una misión que cumplir y la cumpliré. Y quiero supeditarme a algo mayor que yo, servir a un ideal, para tener derecho s supeditar a mí otras cosas, y a no detenerme en mi camino por piedra más o menos. Te hablo de mí mismo con entero abandono, con absoluta franqueza. Creo ser uno de los hombres representativos de nuestra raza –con perdón de esos desdichados que ahora me llaman traidor, mal hijo y renegado- y si ellos se obstinan en su ceguera y en seguir apegados a sus mezquindades, quédense cantando el Guernicaco y hablando de los fueros que nuestra raza irá conmigo a otros destinos y a otros rumbos”.
No ano 1903 foi a Ourense pra asistir á un Congreso Pedagóxico, onde o esgrevio Reitor da Universidade de Salamanca tivo unha das súas máis brillantes intervencións.Encetou o seu discurso combatindo o encastelamento dos artistas na súa torre de almasí, e sinalando que a laboura dos inteleutuales na España tiña que sere de abnegación, de humildade, de sinxeleza, de verdadeiro sagrifizo. Non se nos pergunta –di afeito- qué pensamos encol de tal ou cal punto, senón qué hai asentado e en craro encol dil, non se nos pide que disertemos con enxeño ou novedade ou profundidade encol da escritura ou a teoría dos números, senón que ensinemos a escrebir e a contar aos que o non saben; que sexamos escolantes. Pois é preciso convertir á Patria en escola, ensinándonos mutuamente e comulgando no ensino de onde nacerá o amor; finando con ademirables conceitos encol da nenez e facendo un hino á patria e á escola.

A pegada que Galiza deixou no espritu de Unamuno foi moi rexa. Asina nunha carta que lle escrebía ao direitor da revista “Coruña Moderna” en febreiro de 1906, lle decía antre outras cousas: “Las reflexiones que en mi mente precedieron a la concepción del artículo por usted reproducido, y las que me han sugerido las observaciones que a él se me han hecho, han vuelto a ponerme a conciencia los complicados problemas que surgen del hecho de que está integrada España por castas diferentes. Y pensando en esto, y preparando sobre todo un trabajo sobre el estado íntimo del Portugal contemporáneo, he recordado muchas veces mi gratísima visita a esa noble y culta Galicia. Hubo un tiempo en que el centro de Europa se llamaba España o la España musulmana, y al resto, a los reinos cristianos de la reconquista, Galicia o Tierra de Santiago (Jacobsland). Y es que Galicia era entonces el verdadero refugio de la cultura en España, el foco de las bellas letras, el centro de la delicadeza social, de la civilización. Y esta tradición ha dejado, sin duda, su rastro en esa tan mal conocida tierra gallega. Cuando a raíz de mi visita a ella escribí en El Imparcial unos artículos en que fijaba mis impresiones, hice notar como se advierte en esa tierra un espíritu de cultura; es decir, de delicadeza y suavidad de maneras y sentimientos y de tolerancia de espíritu. Y es menester no confur la cultura con la ilustración, pues así como hay personas ilustradísimas, es decir, que saben multitud de cosas y son conocedoras de muchas y variadas nociones, siendo, a pesar de ello, incultísimas, rudas, violentas, incomprensivas, intolerantes, secas y duras, asimismo personas faltas de ilustración, pobres labriegos casi analfabetos, que muestran un espíritu culto, curioso, sagaz, refinado y penetrante y sentimientos delicados. Y sin negar, ni mucho menos, que hay ahí personas ilustradas, –conozco gallegos ilustradísimos- ni que las haya en tanto número, por lo menos, como en otras regiones no calumniadas, lo que aseguro es que me parece hay entre los iletrados e ignorantes más cultura que en otras regiones. Y todo ello debiera aprovecharse, y los buenos hijos de Galica, a quienes Dios les haya deparado una inteligencia despierta, deben dedicarla a levantar el espíritu de sus paisanos a impulsarlos a que intenten dar su tono y manera a la cultura española porque ello es triste pero lo han observado muchos; en la política española han figurado siempre en buena parte los gallegos, pero no se ha conocido que lo sean ni ha logrado darle un sentido que reconozcamos como propio de ellos. Un amigo mío, gallego, aseguraque los gallegos más o menos ilustres en cuanto se elevan en Madrid a puestos eminentes se desgalleguizan en todo menos en el acento. Mas conservan su manera de ser en las letras y es evidente que en el respecto espiritual –que es duradero- la Pardo Bazán ha hecho pro Galicia más que cualquiera de los innumerables ministros gallegos y que muchos de ellos juntos. No habrá repartido credenciales, ni hecho jueces, ni carreteras, ni puentes, pero ha hecho mucho más que eso. Y el nobilísimo empeño de corroborar y elevar y ahondar el sentimiento colectivo gallego, la fecunda labor de hacer que sea en todos los gallegos consciente el alma gallega, sólo puede llevarse a cabo tratando de imponerla a los demás pueblos y de influir por ella en ellos”.
Fina a súa carta destacando que a Portugal prexudicouno o receo hacia España e seu temor a sere ausorbida por ista. Púxose á defensiva, en ves de aportuguesarnos, e así lle foi. A independenza pode non sere sinón unha independenza oca, sin contido verdadeiro, sin finalidade, unha independenza mesma, coma si ista fora máis que un meio. En Portugal a independenza marcárona a costa de persoalidade e do patriotismo. Aconchegados a España houbera xurdido alí un porteguesismo en obras de espritu coma o catalanismo é na Cataluña, e cecais lles había dado vida á puña por levar á Lisboa ou Oporto a capitalidade de España. Agora por unha ombra de independenza, vese axionllada aos pés dunha dinastía funestísima, escrava de Ingraterra. A leición é dura. Ista é unha teima vella nos miolos de Unamuno, pois nunha Carta que lle dirixía moitos anos dispois ao escritor e profesor urugaio Alberte Nin Frías repetía igoales conceitos.
No agosto de 1912 foi a Pontevedra pra aituar coma Mantedor dos Xogos Froraes. Tamén alí fixo de revulsivo coa súa carraxe caraiterística, manifestándose agresivo contra o meio ambente, causando verdadeiro abraiamento e desgosto coas súas verbas cáusticas, encomenzando por laiarse da probeza dos traballos presentados, pra finar dicíndolles –e isto alporzou aos pontevedreses-, dirixíndose as donas que formaban a corte de honore da Raíña da festa, que non comprendía, como ousaban ocupar un lugar tan destacado naquil aito, coas mesmas galas e fachenda con que unha hora denantes, habían presidido unha corrida de touros, aporveitando iste intre pra atacar con acedo furor tal espeitáculo. Parece que a imprensa galega non foi benévola con Unamuno, de cuias queixas se fixo eco a imprensa de Madride. Non embargantes eiquí en Pontevedra adicousae a visitar as persoalidades da cidade facendo unha boa camaradaxe con Perfeito Feixóo, Casto Sampedro e con tudolos inteleutuaes que facían tertulia na rebotica do ilustre fundador dos Coros galegos, especialmente co eminente e malogrado Víctor Said Armesto, por quen sentía fonda estimanza, igual que anos antes en Ourense visitara aos vates máis representativos daquila cidade: Filomena Dato e Lamas Carvajal, dando lugar a certas esceas que pertenecen ao mundo puro da anéidota.

Cando estivo en Pontevedra, aporveitouno pra facer eiscursións a Compostela e as Rías Baixas, por certo nunha disas, acompañado por Said Armesto, foron a Bueu, invitados polo escritor Manuel A. Bares, que residente en Bós Ares, alcontrábase pasando unhas vacacións no seu pobo natal, sendo tudos iles testemuños dunha das máis graceosas e xeñaes ocurrenzas de don Miguel. No intre das presentacións, Bares, un pouco colleitizado polo materialismo americán, amostrou a Unamuno a un tipo vulgar, coma un ricas facendado, abondoso home de diñeiro. Entón don Miguel de súpeto dixo: “A propósito de ricos vou a contarles a ustedes un caso que conozco. Nos reuníamos en tertulia cotidianamente unos cuantos literatos y artistas. Toda era gente inteligente de pensamiento. Sólo a nuestra peña, como de contrabando, concurría un individuo que no era intelectual ni artista. Jamás decía nada interesante. Solamente era rico. Cierta vez, uno de nosotros necesitó dinero. Todos pensamos en acudir a nuestro acaudalado contertulio. Pero éste, el hombre rico, a nuestra petición contestó negándose. Entonces tuvimos que llamarle estafador. Con engaño, él había venido hasta entonces aprovechádose de nuestra única “riqueza”, ¡nuestra inteligencia! Y cuando necesitábamos del pago con la suya, resultaba que nos la negaba. Le despachamos con cajas destempladas llamándole estafador y diciéndole que nos venía explotando desde el primer día en que lo acogimos, sorprendiendo nuestra buena fe”.
Unamuno non voltou a Galiza, sin que por iso se amortecese o meirande amor que nosa Terra lle inspiraba. Estivo a punto de visitala novamente en 1930. A fins diste ano, no que España enteira fervía nun embalo cidadán, o entón estudante de Meiciña Domingo García Sabell, en nome da inesquecíbele FUE da que era presidente, e que xa amostraba o valor e nobres inquedanzas, con que hoxe conqueriu un sinalado posto na inteleutualidade galega, invitaba a Unamuno a ir a Santiago a dare unha conferenza. O sapente mestre salmantiño respostaba nunha carta na que rexurde viva a lembranza de Galiza: “No saben bien mis jóvenes amigos –creo deber llamarles así- cuán agradecido quedo a su cordial invitación y de qué buen grado la acepto. Entre otras cosas por volver a esa maravillosa ciudad de Santiago que la llevo estampada desde que la vi, en las entretelas de mis entrañas. Ahora vienen el concertar la ocasión”. Sigue na carta referíndose a outros vencellos con outras cidades de onde o chaman pra o mesmo fin, pra finar dicindo: “Tengo un viejo compromiso con Gijón y Oviedo y si pudiera arreglaría una pequeña tournée en que de Asturias me fuese a esa Galicia de que tan hondos recuerdos guardo”.
Espallada por diferentes traballos deixou Unamuno valiosas ou curiosas referenzas a Galiza e os seus homes, algunhas das cales por sere pouco coñecidas damos a continuación, deixando a súa glosa correspondente cando corresponda.
En dous artigos pubricados no “Nuevo Mundo” de Madride (24-XI-1922 e 23-XI-1923) reitera os tan manoseados comentarios ao apóstolo Santiago, difrenciando o Matamouros da leénda española o de Clavijo, do Santiago da leénda evanxélica, coas súas teimosas referenzas a Prisciliano, que coma se sabe creía enterrado no Sartego de Compostela no lugar do fillo do Zebedeo. A longura do noso traballo impídenos comentar debidamente.
Falando do “Juan Tenorio”, di: “Un gallego, un portugués, un asturiano podrán dejar de creer en Dios –o creer que dejan de creerlo-, pro no en las benditas ánimas. Y ven, sobre todo en ciertas noches, pasar la estantigua, la huestia, la santa compaña, la fantasmática procesión de sus difuntos. Y este culto, probablemente anterior al cristianismo, persiste en éste y persistirá cuando este cristianismo popular, laico, español, se cuele en la religión comunista que le suceda, como en nuestro cristianismo se coló el paganismo.”
Comentando o xa crásico libro de Borrow, estupendamente traducido ao castelán por don Manuel Azaña e cuia tradución louba sin preparos o propio Unamuno, transcribe a curiosa decraración do protestante ingrés, cando di que a súa patroa de Madride lle indicaba que fose a repartir biblias a Villaseca, na Sagra ou en Toledo, onde as xentes se dirixían aos eistranxeiros a grandes voces, i en galego. Habían adeprendido algunhas verbas galegas dos segadores e, coma era a úneca lingua estrana que coñecían, parecíalles moi cortés dirixirse aos eistranxeiros nisa fala.

Non soportaba certas introduccións ou neoloxismos no galego que estima petulantes ou fraudulentas. Ben coñecido é o seu comentario agredoso a terminoloxía “achádegos de cadeirádegos”, do que se burlaba máis dunha vegada, como á costume dos escritores galegos de escrebir a verba “Hespaña”: “Hace poco en un pequeño semanario gallego, escrito en un gallego que olía a sudor, y no digo a aceite, porque el que lo escribía velaría a la luz de una bombilla eléctrica, mientras devanaba aquellos voquibles de la lengua enxebre, que Curros Enríquez soñó, poéticamente, en que llegase a ser universal; en ese semanario se escribía Hespaña con hache, así, a la portuguesa. Porque no nos harán creer que en Galicia aspiran el nombre de España”.
Cando falou nas Cortes Constituintes de 1931 no pleito da lingua española i en cuio discurso esbardallou canto quixo, amostrando un descoñecimento ou trabucamento da temática poética de Curros, e chegando a afirmar que Rosalía cando quixo alcontrar a muller universal, nona alcontrou nas copras galegas, senón nas poesías casteláns de “Orillas del Sar”, Vicente Risco facíalle o seguinte comentario: “Ben sabía eu que habíamos ter por nemigo nas Cortes a D. Miguel de Unamuno. E decátome ben do que representa nun país de mentalidade mitolóxica e de tan fonda e incorrexíbele incrinación á idolatría coma é a Hespaña, o ter por nemigo a unha figura de tan poderoso prestixio e de tan forte poder de suxestión sobros que o comprenden e principalmente sobros que o non comprenden, coma é Unamuno. Ondas cousas apreciánse non tanto polo que valen en si, coma por que as di, unha puñaladaque nos dea Unamuno pode ser mortal. E máis aínda tratándose de xente de tan poucos folgos coma somos os galegos. Cos vascos e cos catalás, xa é outro cantar. Unamuno coscente coma é do poder que ten na imprensa e no púbrico, dono coma é dos seus recursos, non todos do máis leal, seguro comestá de cas súas verbas han de ser repetidas e esparexidas por todos los grandes rotativos de Madrí, pra que cheguen a todolos currunchos da Penínsua, onde tanta xente xa disposta de antemán a darlle tino, inda que vaia trabucado, sabe moi ben, emporiso que non pode cos catalás. Diste xeito, a súa vitoria, verse a consigue conosco. Falo da vitoria final, que por de pronto, na Cámara, craro está que pode trunfar... Unamuno é un grande home emperrado en conservala súa cadeira social canto máis tempo poida. Coñece ao seu púbrico coma se o parira, e sabe ben como lle ha de falar, pra aproveitalas súas flaquezas. Somentes diste xeito ten espricadeira o que un home da súa alteza mental defenda a súa tese a poder de tópicos manidos, a poder de escamoteos lóxicos e a poder de facer rir a xente. Ortega e Gasset, o filósofo máis euporeo, con máis dominio da forma nono houbera feito así. E pode que aducira razós novas... Ora que il fala –o negar a eisistenza do probrema lingüísteco- coma si nós defendéramos a cousa por necesidade material, e non hai tal cousa. É por necesidade espiritual. Isto il ben o comprende, mais non lle convirá tratar o asunto por ise lado. Porque ahí é donde doe”.
Non creio con Risco que Ortega e Gasset fose máis comprensivo que Unamuno ao enfocar o probrema das nazonalidades españolas, como o desmostrou dimpois ó tratarse o Estatuto catalán por outra parte, é dooroso decilo, Ortega apesares de ter pola súa nai sangue galega, en tuda a súa inxente obra, apenas si lle adicou a Galiza catro liñas, e algunhas tan desditadas coma aquilas en que refiríndose a nosa Terra, a calificou de xentes rendidas. Unamuno si é verdade que non podemos defendelo polas súas teses idiomáticas no que a nosa lingua se refire, tivo en troques pras nosas xentes as máis sentidas e xustas loubanzas. Vexamos algunhos exempros...

Prologando o belido e póstumo libro do literato chileno Lois Ross Múgica, “Más allá del Atlántico”, libro que polas zumosas apreciacións que fai da nosa Terra, comentaremos aparte, escribe Unamuno: “Ross se detenía en Galicia, pórtico de España viniendo del Atlántico, a ver desde ese hermosísimo rincón, y a conocer en su propia tierra, en su ámbito propio y nativo, a esos honradísimos, nobilísimos y laboriosísimos gallegos, cuyo nombre ha llegado a tomar una estúpida significación despectiva en boca de mentecatos y de petulantes. Estudiaba allí, de paso, nuestra emigración, ya que es allí donde llega a su mayor auge”.
Escrebendo encol do probrema catalán, é curiosa a interpretación enxel que fai dos anarquistas galegos: “Y hace aún pocos días, comparando la reciente ejecución del rey don Carlos de Portugal, con el odioso atentado de Morral el día que se casaron nuestros reyes, hube de explicarle a un portugués la diferencia que media entre los anarquistas gallegos y los catalanes. Y es, que, habiendo en La Coruña, relativamente, más anarquistas que en Barcelona, no se recuerda en la capital gallega haya habido atentados con bombas y, en cambio, los oberros coruñeses han andado una vez a tiros con las tropas en la calle, cosa que no se recuerda en Barcelona. Y no estaría de más que estudiaran el origen psicológico de la diferencia los que han traído a Mr. Arrow”. Iste artigo de Unamuno foi pubricado en “El Mundo” de Madrí o 13 de febreiro de 1908, ano do asesinato do rei portugués e da morte do noso Curros acaecida no marzal. Pois ben o escritor vasco Grandmontagne ao adicarlle unha fermosa i escorreita sembranza ao noso poeta as poucas horas do seu falescimento, tamén destacaba iste xesto dos ácratas galegos na Cruña, posibremente tomado do artigo de Unamuno.
Moitas persoalidades galegas disfroitaron do afeuto e ademiración de Unamuno; bastaría citar os nomes de Valle-Inclán, Said Armesto, Camilo Bargiela, Pardo Bazán, Castelao. A índole diste estraito nonos permite agora facer a glosa disas relacións, nas que hai que conter ao malogrado pintor Xaquín Vaamonde, o protexido de Pardo Bazán, que ben meresce unha lembranza nise feixe de amizades sinxelas. Mais compre destacar eiquí moi especialmente a ademiración que Unamuno sentiu por outro galego impar: Pablo Iglesias, ao cal non debía ser allea a militanza moza de Unamuno no Socialismo. Gostaba Unamuno de relembrar as conversas tidas co Abó encol da custión social, e máis dunha vegada tivo para o apóstolo do proletariado español as máis garimosas eispresións ademirativas, en cuia estimativa coincidía coa outra outísima figura da inteleutualidade hispana don Xosé Ortega e Gasset. Unamuno non atariñaba en calificar a Pablo Iglesias como “uno de nuestros caracteres más admirables por su enterza y ecuanimidad”. Noutro artigo, “El Colegio de Pablo Iglesias”, dinos: “Aquel hombre admirable, esperaba una nueva civilización, la misma que esperan tantos compañeros, camaradas suyos, de ideal. Colaboré con él en algún modo... En aquel espléndido escenario del teatro de la naturaleza castellana, no pude por menos de evocar la figura recia, sólida, noble, robliza –de roble galaico-, de uno de los más grandes actores y autores de nuestra tragicomedia nacional española...”
Unamuno non foi xusto ao enxuizar o desenrolo vidal e o destiño hestórico das linguas españolas, pois mergullado de cheo na defensa do imperialismo idiomático do castelán, defendeu con paixón dina de millor sorte a primacía e o ausolutismo ausorbente da lingua de Cervantes, polo que muitas das súas interpretacións da lingua galega cáense soias pola falla de ecuanimidade e de razón hestórica no seu enfoque. Máis ben meresce a nos indulxencia si reparamos en troques, na xustiza, valentía e aturamento en defensa de Galiza, das súas virtudes, dos seus valores e de seus homes.
VILANOVA, ALBERTO, Bahía Branca, 1968
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova 
