Blog

 NO CENTENARIO DA “HISTORIA DE GALICIA” de MURGÍA (1965)

Eran os anos máis esprendorosos do trunfo inteleutual de Murguía. Residente en Madrid e cursando estudos da carreira de Farmacia, síntese preferentemente atraído pola súa irresistible vocación literaria, na que acadará os meirandes trunfos. Recomendado ao seu esgrevio paisano o eminente repúbrico e escritor Eduardo Chao, ao fundarse en 1854 “La Iberia”, seu direitor Calvo Asensio ofrecíalle una praza de redaitor, que Murguía non aceitou co gallo de que tornaba a Galicia na época de vacacións, mais entregoulle o manuscrito “Desde el cielo”, que Asensio pubricou en folletín no seu periódico, acadando tal éisito que nun ano tivo nove edicións, sendo traducido a varias linguas. Outros xornaes e revistas madrileñas como “Las Novedades”, “La Crónica de Ambos Mundos”, “El Museo Universal”, recollen as súas brilantísimas colaboracións que van prestixiando a súa pruma, da que abrollan outras novelas, artigos de caráiter político, críticas

literarias, enxundiosos estudos encol do arte, que van consagrando o seu nome no mundo cultural. No 1858 cásase con Rosalía de castro e a súa vida mental toma outro viramento, pra groria da súa patria e das súas letras.

Era polos anos de 1860. Murguía xa célebre escritor, alcontrouse de súpeto con que a súa obra, se desenrolaba ao marxe da súa Terra, carente de atributos patrióticos. Unha crise espritoal tiña a virtú de devoltalo a Galiza. Había esquecido o substancial e substantivo, cal era o deber pra coa Terra que o veu nascer. Entón abandouno tudo; deixou xornaes prestixiosos, cenáculos literarios, amigos ben posicionados, sona e groria, tudo deixou en aras da causa remidora de Galiza.

Comprendeu que un pobo non se recupera á si mesmo máis que na tradizón, no pasado, e converteuse no historiador de Galiza. Estudou con agarimo e paixón tudo canto se referíaa eisistenza da Terra descoñecida e asoballada. Un soio pensamento atenallou o seu azo: dotar a patria dunha historia que levase ás almas dos galegos un sentimento patriótico do que, salvo algúns espritus elexidos, habían carecido hastra entón. Sentiuse atraído a escribir historia, nin por curiosidade, nin por cobiza, nin por dilettantismo. Podía dicir como Bôhmer “fun historiador por amor á patria nai, e pola conviución de que o coñecimento do pasado sería instruitivo pra o presente, e a espranza de que a verdade conduxese ao ben”.

O eistraordinario de Murguía é que cando se impuxo isa dura tarefa, atopouse con que non lle eran familiares nin dóciles as difrentes e compricadas discipriñas históricas, tan alleas aos seus circunstanciaes estudos universitarios. Mais non se sinteu abaixado diante de aquila laboura alporizada de tantas e tan comprexas dificultás. Maravilloso autodidaita, tudo foi vencendo a súa afirmanza, a súa iñorme capacidade de traballo, a súa podente intuición interpretativa, sempre empurrado por unha enerxía consustacializada co sagro nome de Galicia. A forza de estudar sen acougo, axiña dominou as cencias auxiliares da historia. Foi un escorreito arqueólogo, paleógrafo, epigrafista, etnólogo, folclorista, numismata e bibliógrafo.

Con esquíos meios económicos encentou a súa laboura, percorreu Galiza por túdolos camiños, rebuscou en arquivos, descifrou inscripcións, conqueriu raros documentos e manuscritos, visitou moimentos, outivo datos e notizas de gran valimento. Escrebeu centos de cartas pescudando tuda cras de referenzas, e incruso pubricou pregos nos xornaes dentón, pra que se lle remesaran canto poidera ser intresante pra súa obra.

Froito de tan inxente tarefa foron primeiro  seu incompreto “Diccionario de escritores gallegos”, seguido dos cinco tomos tamén sen rematar da “Historia de Galiza”; seu fermoso libro “Galicia” da coleición “España y monumentos”; “El arte de Santiago en el siglo XVIII”; “Los trovadores gallegos”, amén dunha moitedume de artigos espallados na “Ilustración Gallega y Asturiana”, “La Temporada” de Mondariz, no Boletín da Academia Galega, etc., ao que si engadimos o seu estudio encol do “Foro”, a defensa do “Regionalismo” en réprica aos ataques de Sánchez Moguel, a defensa da lingoa galega contendendo con Xohán Valera, as inmorrentes páxinas dos “Precursores”, os discursos en distintas e memorábeles xuntanzas, daranos unha sinxela imaxe do inmensa que foi a obra de Murguía, noso Patriarca por antonomasia.

O meirande mérito de Murguía, laboura a que iste artigo noso quer referirse, apóusa no senso erudito e na modernidade que lle introduxo aos estudos históricos. Pódese asegurar que dende Murguía, comenzou a escribirse a historia do noso país cun xeito máis centífico, honesto e nazonal, enchendo de suxestiós e inquedanzas a investigación, hastra froitificar en isiñes epígonos, que van de López Ferreiro a Ferro Couselo, o máis aitual arastora. A historia galega habíase escrito denantes de Murguía –e desgraciadamente se segue escribindo por audaces aficionados-, en base a testemuños recusabres, a referenzas personaes de duvidosa veracidade, en leendarios librotes i en cronicóns boubáns. O merescemento de Murguía, pois, non é soio meirande polo seu outo propósito patriótico senón pola honradez con que o levou a cabo.

No ano 1865, -fai agora xustamente cen anos- Murguía trasladouse a Lugo chamado polo “famoso imprenteiro” Soto Freire, que tantos servicios prestou a nosa cultura, e que diu o prelo o primeiro tomo da “Historia de Galiza” de Murguía, coa curiosa coincidenza de que iste mesmo ano dese tamén a imprenta Vicetto o primeiro volume da súa. Soto Freire seguiría imprentando nos anos 1866 e 1867 o segundo tomo da obra de Murguía, ao mesmo que niste ano de 1867 pubrícase tamén “El caballero de las botas azules” por Rosalía, e un ano dispois a “Gramática Gallega” do sábeo humanista ourensán Saco e Arce. Por certo que no novembro de 1878 tratouse na Diputación de Lugo a concesión de mil pesetas pra subvencionar a “Historia” de Murguía, dando un diputado o tristeiro abafallo de opoñerse a aquila concesión, merescendo que outro diputado, o Sr. Soto, o rexeitase con verbas que por pouco coñecidas ben merescen a reproducción: “Imaginaos, Señores diputados, a Fidias sin buril, a Apeles sin pincel, y dedidme cual sería el tormento de esos hombres que sentían arder en su cerebro el fuego sagrado de la inspiración si no tuviesen el uno mármol en que esculpir, y el otro lienzo en que trazar las creencias sublimes de su fantasía. Pues esto sucede con el Sr. Murguía; el Sr. Muguía es un sabio, es un escritor público que merece nuestra consideración. Poneos en su lugar por un momento señores diputados; considerad que su Historia representa una existencia consagrada al trabajo, una vida de vigilia y desvelos. Considerad que una obra de esta índole reclama grandes dispendios; exige para llevar a cabo tan colosal trabajo se recorran lejanas tierras, se visiten archivos, exige que se examinen bibliotecas, y exige para todo eso dinero, mucho dinero; y puede suceder que el Sr. Murguía no tenga dinero”. Por fin prevaleceu o bo senso, a subvención foi aprobada. Desgraciadamente non era soio un caso o que se rexistraba en Galiza disa cutrería nas institucións  e nos homes. Tamén é verdade que non fallaron outras sociedades que coma o Centro Galego da Habana, contribuíu con agarimo e patriotismo exemprar a gorescer as angurias do Patriarca, debéndose principalmente aquila axuda a sempre xenerosa aición de Curros, devoto ademirador de Murguía.

Hai na Historia de Murguía aspeitos nos que o historiador vese asolagado nas augas revoltas dos seus sentimentos, e paresce coma se o balbordo de fortes prexuízos o encirrasen a unha posición preconcebida, máis é de tal xeito o pudor con que eispón as teorías que non empesce a razón das súas interpretacións. Murguía endebén non creía na ausoluta imparcialidade do historiador, ao que consideira coma home infruído polos probremas que conmoven o seu tempo. Xa Le Bon falaba dos libros de historia que revelan as crenzas dos seus autores, e Alomar decía que a Historia non pode ceibarse da paixón, que é o seu nervo mesmo. Ortega ampriou istes inquéritos no seu ensaio encol do “Galileismo da Historia”. Murguía “lembra de cote que escribe coma patriota e aínda resérvase o direito a enxuizalos asegún o seu pensar. Eispeitador estricto e imparcial, si; máis non frío e insensíbele”.

A obra de Murguía en canto a súa finalidade podería sintetizarse, coma unha obra tendente a demostrare dende túdolos aspeitos eruditos a personalidade nazonal de Galiza, con reiteracións patrióticas non eisentas algunhas vegadas de espilida retórica i eisaltado lirismo, máis sempre con irtio contido centífico. Era un galego integral, e coma di Castelao, “o nemigo do lirismo é un antigalego”, e Murguía non podía desertare da lei da súa caste. Non embargantes, Murguía xamais apelou a recusabres poerteleiras míticas, pra fuxir dos seus deberes coma historiador veraz, sagrificando frecoentemente seus propios sentimentos á regoridade da probanza documental.

Soio Murguía podía naquiles intres ser o noso historiador, porque soio un home xurdio i entergo coma il podía acometer tan arriscada empresa. Coma di Óscar Wilde: “Calquera pode faguer a historia; soio un gran home pode escribila”.

Denantes de Murguía, Galiza era cáseque unha descoñecida pra os seus fillos; despois da Historia que il escrebeu, os galegos souperon dunha patria e do cumprimento das obrigas que lle demandaba. Unha das meirandes virtudes da historia, consiste en espertar, formar e armar unha concencia coas millores forzas espritoaes ao servicio da liberdade e da grandeza da patria. Mais pra levar a felis termo ista loita é preciso encher a alma dos homes de ideales xenerosos e de espranzas creadoras, pois soio diste xeito faremos a Patria que soñamos, unha Patria con vida nova, varil e rendidora, vida propia sen misturas, sen aviltamentos, sen cativezas, onde nós, os galegos coa Terra recobrada e libre, fagamos agora a historia que Murguía arelaba e presentía nun porvir ventureiro e promisorio.

Diulle Murguía aos galegos isa concencia e sinaloulle ises ouxetivos. A il poderíaselle decir o que Cicerón lle decía ao historiador Varrón: “Non eramos máis que viaxeiros, cáseque eistranxeiros na nosa cidade propia, teus libros nos conduciron por decilo así, a nosa casa, pra faguernos coñecer quens eramos i en que lugar estabamos. A ti debemos o coñecimento da nosa patria...”.

Bahía Branca, xuño, 1965
VILANOVA, A. : Revista “Vieiros”, México, 1965
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica