Blog

O martes 26 de abril foi un día especial. De mestres a alumnos e de alumnos a mestres, compartiuse e soou o nome ben forte de Alberto Vilanova, o estudoso, o represaliado, o erudito, o home da Xeración de Posío, o profesor calado, o home poliédrico que foi e aínda é. Monxardín, sabio presentador e moderador, soubo tecer as diferentes intervencións para unilas en torno a figura de Vilanova. Jesús de Juana, tamén historiador como o homenaxeado,  falou da necesidade de estudar a súa bio-bibliografía e mostrou o compromiso do seu Departamento e Facultade para este estudo. Carlos Núñez levounos coas palabras e a súa interpretación á súa infancia, e polos seus ollos vimos ao mestre admirado, sabio e calado dos Estudos Galicia. Xesús Alonso Montero, cun percorrido pola súa vida e a vida de Alberto Vilanova, amosou os seus encontros cun sabio admirado dende a infancia e dende a madurez do catedrático. O seu compromiso foi coa edición ou reedición das obras de Vilanova, para evitar o descoñecemento.
 
Foron moitas as persoas que alí nos congregamos para escoitar aos mestres falar do Mestre, harmonicamente acompasados con himnos, antigos e republicanos, e coa cálida e engaiolante voz e acordeón de Sabela Dacal, que nos deu de regalía, como a chuvia de primavera, unha interpretación maxistral de Negra Sombra, obra favorita de Don Alberto.
 
Esperamos con ansia que actos dos nosos ourensáns ilustres se repitan e nos ensinen a respectar o noso pasado para pisar forte no presente.


fotos ana nieto
 




La figura de Alberto Vilanova llega a la red

La biografía, obra y presencia en prensa del escritor Alberto Vilanova son solo algunos de los apartados que sobre su figura recoge la nueva página web dedicada al ourensano.

Para acceder a ella basta con dirigirse a la dirección 'www.albertovilanova.com', donde la página de bienvenida ofrece un claro resumen de la filosofía del autor. 'Máis que coidar o meu nivel intelectual, coidei as miñas condicións morais, a miña conducta' y 'Eu penso que o interesante é vivir e traballar para Galicia. E non vivir e prosperar a conta de Galicia' reciben al usuario junto a un menú que ofrece la posibilidad de visitar los apartados Biografía, Entrevistas, Galería, Noticias, Publicacións, Artigos y Falan del.

Con el fin de dar a conocer a los ourensanos el nuevo sitio virtual, el Ateneo acogió una conferencia moderada por Afonso Vázquez-Monxardín, en la que intervinieron Alonso Montero, Jesús de Juana y Carlos Núñez. Les acompañó la actuación musical de Sabela Dacal en su repaso a la figura del escritor.

Alberto Vilanova fue un historiador y profesor nacido en Ourense en 1910, aunque desde 1954 residió fuera de la ciudad, a donde volvió en 1982, tres años antes de su fallecimiento. Maestro de profesión, sus ideales republicanos hicieron le llevaron hasta la prisión de Oseira en los años de la Guerra Civil. Su biblioteca personal se conserva en la Diputación.

redacción. ourense - 27-04-2011
foto por ana nieto cedida para esta web

 

Hoxe martes 26 de Abril levarase a cabo a presentación da páxina web www.albertovilanova.com e mesa redonda sobre este erudito, ensaísta e historiador ourensán. O acto será no Ateneo Ourensán a partir das 19:30 h e contará coa presenza de Alonso Montero, Jesús de Juana, Afonso Monxardín e Carlos Núñez. A interpretación musical correra a cargo da instrumentista Sabela Dacal.

 

Páxinas: 1 2 
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica