Publicacións
Blog
A COLEITIVIDADE GALEGA HOMAXEOU Ó DOUTOR ALBERTO VILANOVA (1967)
A Comisión da Coleitividade Galega pro Homaxe ó doutor Alberto Vilanova co gallo da publicación do seu libro "LOS GALLEGOS EN LA ARGENTINA", integrada polas seguintes entidades: Consello de Galiza, Irmandade Galega; Centros: Lucense, Ourensán, Pontevedrés e Coruñés, Betanzos, Corcubión, Residentes de Vigo e Federación de Sociedades Galegas, orgaizou o homaxe que tivo lugar o domingo 8 de outubro derradeiro, consistente nun gran xantar no salón da Federación de Sociedades Galegas nun impoente marco siñado pola presencia de máis de catrocentos comensais.
Na cabeceira da mesa, presidida polo homaxeado, estaban os representantes do Consello de Galiza, señores Antón Alonso Ríos e Antón
Durante o aito, que resultou un craro espoente de afirmación patriótica galega e de ideal republicán o doutor Manoel Corbacho, segredario da Comisión orgaizadora foi dando leitura ás numerosas adhesións neste orde: Irmandade Galega; Agrupacións do Centro Galego: "Galicia", "Breogán", " A Terra" e "Unión Galega"; Centros; Ourensán, Coruñés, Pontevedrés e Lucense; Audición "Recordando a Galicia" e "Galicia Emigrante"; Hogar Gallego para Ancianos, Asociación Hijos de Gallegos; Coros: "Rosalía de Castro", "Breogán"; periódico España Republicana, Sociedade Fillos de Lestrove, Sociedade "Curros Enríquez" de Gomesende e Celanova Unidos, Dr. Leandro Pita Romero, Dr. Ramón Rey Baltar, Dr. Fernando Martínez Sáenz e do Sr. Xosé Barril; do Centro Republicano Español de Miramar e Bahía Blanca; da Universidad Nacional del Sur (Buenos Aires); Peña Manoel Murguía (Santa Fe). De Montevideu: Patronato da Cultura Galega; Centros: Pontevedrés, Lucense e Coruñés e os señores Xesús Canabal, Manoel Meilán e Antón Crestar. De México: o señor Carlos Velo, en nome da Delegación do Consello de Galiza. De Caracas, a Irmandade Galega. De Galiza, a Editorial Galaxia, Academia Galega, Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, Axuntamento de Celanova con varias firmas, un fato de amigos de Celanova, Xosé Meixengo Pereira (Celanova). De Hespaña, Modesto Martínez Suero, director da Galería Toisón (Madrí) e Adolfo la Muela, profesor da Universidade de Valencia. De Francia, Delegación do Consello de Galiza (París).
Encetouse o aito coa execución dos hinos arxentino, galego e de Riego. Oferesceu o homaxe o presidente da Comisión Organizadora don Antón Alonso Pérez, quen, en idioma galego, ó eisaltar a persoalidade do agasallado de ardido demócrata e patriota galego, manifestou que Galiza foi sempre terra de poetas e fortes persoalidades: Prisciliano, Xelmírez, os Pais Feixoo e Sarmiento; Rosalía, Conceición Arenal, Pondal, Cabanillas, Curros, Castelao... E referíndose á aición política, afirmou que, "a cadea afogou gorxas valentes e patrióticas" e que as arelas de hoxe, no noso povo, sexan verdadeiras, humáns e fradernais, pondo de noto, que namentres non chegue o intre reivindicatorio debemos manternos xunguidos até que unha "alba de groria" poidar brilar en Galiza. Ó se referir á obra "Los gallegos en la Argentina" de Vilanova, manifestou que esta foi premiada i editada polo Centro Galego de Bos Ares, a cuia institución, como galegos, lle agradescemos publicamente a laboura que a súa Comisión de Cultura vén realizando de anos atrás, a prol do espallamento da nosa cultura. Aseguido, o señor Alonso Pérez fixo entrego ó homaxeado dun artístico pergameu coa firma dos presentes, realizado polo coñecido pintor galego Marcos de Abeleda e, mesmo, unha comisión de fermosas coristas da Coral "Rosalía de Castro", entregoulle ó Dr. Vilanova unha pandeireta decorada polo pintor Carlos Bóveda.
Aseguido, falou o Dr. Antonio Baltar, quen fixo unha eséxese medular do libro "Los gallegos en la Argentina" e da persoalidade do autor como historiador e investigador, pasando após a se referir ós galegos emigrados e a súa valiosa aportación na formación destes povos de América.
Con referencia a Galiza, ós galegos e a Vilanova, como historiador, investigador e ardido demócrata, falou o Dr. Jiménez de Asúa, historiando aconteceres políticos, mais amosándose outimista a prol do futuro na Hespaña, porque, afirmou: "trinta ou corenta anos, representan moito na vida dun home mais é un chisco, unha luzada, na vida dos povos... As ditaduras morren co home, co ditador..." I engadiu enfaticamente: "A crudel ditadura que de fai trinta anos asoballa a Hespaña, desaparescerá coa morte do ditador nado no "Ferrol do Caudillo"...
DISCURSO DO DOUTOR VILANOVA
Cunha fechada ovación o doutor Vilanova dá comezoen lingoa castelán o seu valente i escrarescedor discurso agradescendo o homaxe de que o fan ouxeto e a presencia no mesmo, de persoalidades arxentinas, hespañolas, vascas, catalanas e galegas.
Aseguido, o orador, referíndose á cáustica canto parva alusión de Jiménez de Asúa encol do "Ferrol do Caudillo" onde nasceu o ditador Franco"... afirmou rotundamente: "Se ben é certo que o ditador Franco nasceu no Ferrol, tamén o é, que esta cidade galega deu á Humanidade a escelsa figura de Conceición Arenal; a Hespaña, a Xulián Besteiro, ilustre fundador do socialismo hespañol, e a Galiza, antre outros, ó historiador romántico Bieito Vicetto e á inesquecíbel personalidade do socialista galego Xaime Quintanilla, aleivosamente asesiñado polas hordas franquistas"...
Unha gran ovación rubricou a rexa afirmación do orador. A partir dese intre, o doutor Vilanova emprega o idioma galego, comenzando por saudar reverente a dona Virxinia P, Viúva de Castelao, e a todos os seus compatriotas galegos alí presentes.
Atacou violentamente á ditadura franquista que asoballa a nosa Patria Galega, sementada de mártires da liberdade.
... "Inda que sexa criando odios, -afirma o orador- os galegos temos de nos pronunciar como povo, namentras a nosa Patria siga aferrollada, até que os liberemos, integrando unha Federación Ibérica de Nacións Ceibes, onde Galiza poida atopar a súa diñidade, de séculos mancada, e desenrolar o seu xeño nacional".
referiuse após ó Centro Galego, a nosa casa grande, hoxe invadiva por un fato de raicionarios franquistas manexados dende a Embaixada, que aparesceron no esceario eleitoral pra desterraren –afal aseguraban-, a política na entidade... e tran ó Embaixador e a bandeira franquista...
Foi un discurso político "duro", sen adobíos nin concesións, craro e valente, onda a cada cousa se lle chamou polo seu nome; de afirmacións rexas i escrarecedoras aprol da democracia e a galeguidade na emigración e na Terra...
"Que cada quen –manifestou o doutor Vilanova- se non chame a engano e tome a súa posición; dun bando ou do outro... Os que están por Galiza e a súa diñidade mancada como povo asoballado nos seus dereitos nacionais, e os que están pola treición a Galiza e o seu povo, os que teiman "españolizar" o noso Centro Galego, desviando a súa outa xerarquía democrática e de galeguidade ó servicio da emigración e de Galiza, teimándoo desviaren por canles franquistas trasnoitados...
Unha grande ovación premiou as derradeiras verbas deste valente discurso pronunciado polo doutor Alberto Vilanova.
Boletín Oficial Informativo do Consello de Galiza, páx. 4 e 5, novembro 1967, Bos Aires