Blog

O mestre José Paz Rodrigues escrebe sobre Alberto Vilanova na web www.pgl.gal
 












 












 

 










Na extensa obra de Alberto Vilanova Rodríguez hai unha teima que recuncaba, sobre todo nos seus artigos de galegos ilustres: non esquecer; non deixar no alén do olvido aos bos e xenerosos.  O día 15 de abril de 2016 é unha nova data a marcar na memoria deste historiador erudito. Ourense fixo xustiza para que a súa memoria botase a néboa que aínda queda ao redor da súa figura e haxa unha raiola que alumee o seu nome. 

O Grupo Marcelo Macías, co seu presidente á fronte, decidiu iniciar, co alento da familia, este ano o protocolo para a colocación dunha praca conmemorativa a don Alberto Vilanova. En 2016 cúmprense 50 da publicación da obra máis recoñecida e comentada “Los gallegos en la Argentina”, publicada en Bos Aires pola editorial Ediciones Galicia en 1966. 

A celebración deste aniversario favoreceu que Vilanova tampouco caia no olvido e rescata, deste xeito,  a súa memoria  na súa cidade natal. 

O 15 de abril, un día despois da celebración da querida República do mestre, inaugurouse esta praca na rúa Lamas Carvajal, nº 28. Falaron dende a erudición e o corazón, con palabras que arrecendían a xustiza e a emoción Francisco Fariñas, presidente do Grupo Marcelo Macías e organizador do acto, Xesús Alonso Montero, coa voz emprestada de Carlos Núñez, e o Vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández.  No aire aínda as melodías do himno de Riego que saíron harmoniosas e decididas do acordeón de Sabela Dacal. Chonina Vilanova, filla de don Alberto, agradeceu a presenza de amigos e amigas, exalumnos e autoridades que acompañaron á reivindicación da figura de Alberto Vilanova. 

Haberá máis raioliñas ata lograr esparexer toda a néboa. Grazas!

enlaces a noticia en prensa:  La Región  La Voz de Galicia  La Voz de Galicia

Foto: La Región

 

No periódico Faro de Vigo, J. Arneiros Torcela, escribe un artículo sobre alberto vilanova. poódese ler completo neste enlace:
 

El Concello reunió ayer a decenas de profesores de las academias de la dictadura en un homenaje en el Liceo - El acto abrió un coloquio plagado de anécdotas y recuerdos.

S.F. - OURENSE El Liceo reunió ayer en uno de sus salones a decenas de profesores de academias de la ciudad y maestros que enseñaron durante los años del franquismo enriqueciendo la pedagogía en los tiempos más oscuros de la historia reciente de Ourense.

Organizado por la concejalía de Educación que dirige Ana Garrido, el acto hizo justicia a una "generación ilustre" que no había sido reconocida públicamente. El proyecto, explicó la edila, "lo tenía en mente desde hace años", y por fin ayer se materializó en una reunión en la que afloraron vivencias y anécdotas de una época en la que, dijo Garrido, "frente a la pobreza y la regresión económica y social" se impuso un "modelo pedagógico rico".

Presentó el homenaje el profesor e investigador Xosé Manuel Cid, que realizó un estudio sobre el magisterio en la República y que reconoció ante los asistentes que llenaron el salón del Liceo que nunca se había sentido "tan poca cosa" porque frente a él se sentaban "los protagonistas". También quiso recordar a algunos de los "ilustres" de la pedagogía que fallecieron en 2011, entre ellos el historiador ourensano e "imprescindible" Marcos Valcárcel.

El homenaje recordó a maestros como Albino Núñez, Vicente Bóveda, Luis Acuña, Ernesto Gómez del Valle, Manuel y Pacita Sueiro, Angelita Paradela, Alberto Vilanova, Eleuter González Salgado, Severino do Río o Luis Ocampo, entre otros, que impartieron sus enseñanzas en centros de educación que hoy llevan su nombre y que reflejan el estilo pedagógico de una época.

Ana Garrido los definió como "resistentes" y destacó que su huella permanece en la ciudad porque "más que sus muros, las ciudades son sus gentes".

El acto comenzó a las seis de la tarde y contó con la participación, a modo de coloquio, de Gonzalo Iglesias Sueiro, del Colegio Sueiro; Albino Núñez, de Estudios Galicia; Luis Menéndez, de la Academia Bóveda; y Emilio Fonseca, de Angelita Paradela.

En torno a un café con bizcocho y la música de Sabela Dacal, los profesores recordaron episodios de aquellos tiempos, que revivieron a través de una proyección fotográfica con imágenes de la década de los 50. El acto incluyó un recital poético en el que intervinieron Chonina Vilanova, Mariá José Alvés y Rosa Varela.

Faro de Vigo 30-11-2012
 

Este ano as letras galegas están dedicadas a Valentín Paz Andrade, home ilustrado que viviu intensamente as súas paixóns: o mar e Galicia. Xornalista, ensaísta, político, emprendedor, poeta... son algunhas das súas facetas máis sobresaíntes. Tamén a de amigo: axudou a fuxir no estalido da Guerra Civil a Núñez Búa e Martínez López; tratou de evitar con todas as súa forzas o asasinato de Alexandre Bóveda. Viviu a brutalidade e el mesmo foi desterrado.

Nunca esqueceu aos amigos exiliados. Durante toda a súa vida lamentou a falta destes galegos e galegas que fixeron a súa obra fóra de Galicia. Un destes amigos foi Alberto Vilanova. Sabemos pouco desta relación: apareceron varios exemplares da obra de Paz Andrade asinados e dedicados a Vilanova. Tamén que Valentín e a súa dona Pilar Rodríguez asistiron ao funeral de Alberto Vilanova, en Ourense.

É a biografía a modo de conversa entre Paz Andrade e Tucho Calvo, Valentín Paz Andrade, a memoria do século, a que nos ofrece máis datos. Sempre falando do exilio e citado entre nomes ilustres, di textualmente: “Cando a partir dos derradeiros meses do 36 foron arribando os que tiveron necesidade de deixar a terra, entrouse nunha nova fase. Non só pola selectividade das individualidades transferidas. Tamén polo adoctrinamento e militancia galeguista da maioría. Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Cuadrado, Núñez Búa, Federico Ribas, José Suárez, Luís Villaverde e o seu irmán Elpidio e algúns máis, chegaran no primeiro ano da guerra. Do segundo en diante, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Manuel Fuentes Jorge, Leandro Pita Romero, Alberto Vilanova [...]. Cada un adicouse ao seu, nun medio que non foi hostil, mais tampouco sería  o propio. Os murais de Colmeiro, nas Galerías Florida; os de Seoane no Teatro Sanmartín; os volumes biográficos de Vilanova. [...] Nos anos 50 a vangarda cultural mantíñase en tensa actividade. Ao núcleo de escritores e artistas exiliados viñan de incorporarse Alberto Vilanova e Laxeiro”.

“Nas xornadas do cincuentenario da fundación de Bos Aires, o Centro Gallego organizou uns actos memorables. Pecháronse cun coloquio verdadeiramente memorable, onde a miña intervención tamén se fixo obrigada. Coido que para tratar da cultura galega, do seu horizonte e da súa problemática. Ata aquela data non se intentara unha xuntanza de intelectuais de nivel semellante. Non soamente polos participantes senón pola plenitude da hora que cada un vivía. A lista compúxose, en canto aos participantes radicados no país, de Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Luís Seoane, Pepe Núñez Búa, Ramón de Valenzuela, Lorenzo Varela, Alberto Vilanova e Isaac Díaz Pardo e tamén estivo Osorio Tafall. O papel de moderador fora posto nas mans de Antonio Baltar”.

“Coa luz antártica nos ollos, unha tarde, perto do anoitecer, descemos en Bahía Branca. Alí moraba un exiliado galego, Alberto Vilanova, ao que eu me consideraba na obriga de visitar. Encarregara da localización a Pepe Núñez, non ben chegamos ao hotel. Aquel inesquecente amigo, ten ben dotado doutras cualidades, non era un lince para semellantes pesquisas. Ou eu non o tiña por tal. Indagou algo, con aparente pouco éxito. Diante da miña insistencia, sobre das once da noite, mentres Pepe Fernández anticipaba o tempo na cama, tomamos un carro de aluguer. Un pouco ás tentas saímos cara ao sur da espallada cidade, entramos en penuria de luces nunha bairrada do arrabaldo. As casas dunha planta daban a paraxes extralongos. Por un deles introduciuse Pepe Núñez. Ao pouco tempo berrando moito, chamoume. Un xarro de luz forte a ancho saía sobre a sombra mesta do pasadizo. Cando alí arribei atopei ao erudito no seu mundo. Máis que poboado por un home pequeneiro de talla e grande de saberes biográficos, pareceume entrar na cova dun mago. Detrás da persoa, diante e polas beiras... montes de libros, folletos, revistas, xornais. Unha impoñente e abraiante acumulación de cultura impresa que ameazaba tragar a quen se arrimara.

Non puiden silenciar o meu abraio. Cando me escoitou ergueuse da cadeira, abriu unha porta lateral, e díxome: ‘Pois mira o que teño neste cuarto...’ Aquela visión do erudito galego na noite patagónica, deixou unha imaxe incancelable na miña pantalla de ocasional vagamundo. Algúns anos despois eu tería que botar unha man ao erudito mergullado no seu mar de papel, para que Galiza recuperara o tesouro bibliográfico formado por un home só nas soedades patagónicas”.
 

Ya se fue y Galicia se queda huérfana de un hijo tan querido. Hombres así son los que necesitamos en este mundo plagado de egoísmos y ambiciones, donde la pureza de sus sentimientos y la coherencia de sus ideales marcaban un nuevo amanecer de esperanza a nuestra querida tierra.

Hace unos años tuve el honor de hablar contigo, lo primero que me dijiste fue que te tuteara. Me impactó tu voz que irradiaba paz y serenidad. Enseguida comprendí que era un voz hecha para mandar pero nacida para obedecer. La conversación transcurrió llena de recuerdos pero tus frases siempre acababan con un cariño hacia mi padre. Creo que era una admiración  mutua y sincera. Me acuerdo que me dijiste: “ no quiero morirme sin hacer algo por mi querido amigo”.

Pasó un tiempo y un día recibí de tu parte un libro inédito de mi padre y mi sorpresa fue cuando observé  que estaba publicado por Edicios do Castro, da Fundación Sargadelos , con introducción de Alfonso Mato. El libro era “Los días históricos de Galicia”, otra muestra más de tu generosidad , ya que una vez muerto el autor no podía agradecértelo. Siempre que se nombraba a mi padre por cualquier evento tu recuerdo a él nunca faltaba. Cuando él falleció una esquela de Sargadelos fue publicada en La región y un hijo tuyo te representó en el sepelio.   En dos ocasiones que mi padre vino de Argentina su visita a Sargadelos era obligada pero cuando vino para quedarse, y su salud no le permitía desplazarse, fuiste tú y tu esposa los que os acercasteis  a comer con él en su casa en Ourense.

En este día tan triste , otro amigo de los dos, Alonso Montero, me llevó junto a tus hijos  para darle el pésame y ellos también sabían del gran cariño que unía a nuestros padres, fue un momento muy emotivo.
No voy a hablar de todos tus valores intelectuales y artísticos porque gente, con mucha más valía que yo, ya lo hacen.
Se que tu vida tuvo las luces de éxitos y homenajes totalmente merecidos, pero también tuvo sus sombras de incomprensiones y traiciones como todos los grandes hombres.

Yo sólo hablo del ser humano que conocí con agradecimiento profundo, y a su esposa y a sus hijos quiero dedicarle este humilde recuerdo con la certeza de que sabrán llevar con amor y dignidad el apellido de su querido e ilustre padre.

Siempre estarás con nosotros.

Chonina Vilanova, publicado en La Región el 13-01-12

 

Xa está dispoñible na web a sección "VÍDEOS" onde de poden escoitar e visionar a presentación e mesa redonda sobre Alberto Vilanova que tivo lugar no Ateneo Ourensán coa presenza de Alonso Montero, Jesús de Juana, Afonso Monxardín e Carlos Núñez. Interpretación musical a cargo da instrumentista Sabela Dacal.

 

Novas entradas na sección de Artígos:

- ALFREDO VICENTI REY (1956)
- EVARISTO MARTELO Y PAUMÁN DEL NERO (1956)
- JOSÉ COSTA FIGUEIRAS (1955)
- JOSÉ VÁZQUEZ ESTÉVEZ (1956)
- JUAN BARCIA CABALLERO (1957)
- JUAN FERNÁNDEZ LATORRE (1958)
- MODESTO FERNÁNDEZ Y GONZÁLEZ (1959)
- PERFECTO FEIJÓO PONCET (1958)
- NOTAS PARA UNA TEORÍA ACTUAL DEL PATRIOTISMO GALLEGO (1956)

 

A Revista cultural AURIA no seu número do mes de Xullo de 2011 publica unha reportaxe sobre a web de Alberto Vilanova.

 

Novas entradas na sección de Artígos:

- FRAY JUAN GRANDE FERNÁNDEZ (1957)
- GALLEGOS ILUSTRES (1957)
- EL P. FEIJOO FRENTE A MAQUIAVELO (1976)


Nova entrada na sección de Falan del:
-  RECORDOS DE ALBERTO VILANOVA, por ISAAC DÍAZ PARDO (2011)

 

Novas entradas na sección de Artígos:

-
ORENSANOS ILUSTRES (1953-54)
- JOSÉ PUENTE Y BRAÑAS (1957)
- PABLO PÉREZ COSTANTI (1957-58)
- GALICIA EMIGRANTE (1954)
 

Novas entradas na sección de Falan del:

- ALBERTO VILANOVA RODRÍGUEZ. Vida y obra de Manuel Curros Enríquez. (1953-54)
- A COLEITIVIDADE GALEGA HOMAXEOU Ó DOUTOR ALBERTO VILANOVA (1967)
 

O HISTORIADOR INVESTIGOU A PRESENZA DOS GALEGOS NA ARXENTINA E CONSEGUIU DOUS PREMIOS NACIONAIS DE INVESTIGACIóN
Unha iniciativa na rede recupera a figura de Alberto Vilanova

Gañador de dous Premios Nacionais (Historia e Socioloxía) en 1936. Represaliado no franquismo. Profesor en diferentes universidades en Arxentinca, colaborador de Seoane e do exilio galego en Sudamérica e autor da monumental Los gallegos en Argentina. Malia á indiscutible importancia do seu traballo, a figura de Alberto Vilanova estivo ata o de agora no esquecemento. A coincidir co centenario do seu nacemento, a familia deste galeguista iniciou un proceso de recuperación que inclúe a publicación en liña de boa parte das súas obras.

Un web con información biográfica, artigos, fotografías, textos sobre o autor e, en breve, vídeos dun primeiro encontro sobre a súa figura e un audio coa súa propia voz. Esta é a aposta que está a realizar parte da familia de Alberto Vilanova para recuperar e dar a coñecer o seu legado.

Segundo explica Nate Borrajo, unha das responsables do web dedicada á memoria de Vilanova, apunta que “malia a que os seus fondos están na biblioteca da Deputación de Ourense, é practicamente descoñecido na cidade. Ten unha rúa no Carballiño pero porque o alcalde coñeceu a súa figura durante unha viaxe a Arxentina”. De feito, na actualidade é practicamente imposible conseguir algunha das obras deste autor. “Está todo sen reeditar. Gustaríanos que se puidese facer, aínda que fose en formato dixital, unha nova edición de Los gallegos en argentina, cun índice onomástico. Ou a súa Vida y obra de Manuel Curros Enríquez que é unha obra impresionante”, lembra Borrajo.

Entre os proxectos de cara ao futuro, os responsables desta iniciativa queren impulsar que se lle dedique unha rúa a Vilanova. Tamén se baralla a posibilidade de organizar unha xuntanza dos antigos alumnos do historiador, e a medio prazo “estamos a contactar coa Universidade de Bahía Blanca, onde deixou unha grande achega de libros e de material. Gustaríanos que a Universidade de Vigo se implicase neste proxecto e buscar algún tipo de colaboración”. Polo de agora, Jesús de Juana, catedrático de Historia Contemporánea nesta entidade sinalou o seu interese en promover a investigación de Vilanova. “Aínda non conseguimos recuperar os textos cos que gañou os Premios Nacionais, pero hai moitísimo material del, logo de dez anos da súa morte, a bibliotecaria que cataloga o seu legado segue a atopar recortes e cousas novas sobre todo tipo de temas. Gardábao todo, e pensamos que poden aparecer aínda moitas máis cousas”. De certo, a figura de Vilanova ten moitas posibilidades de comezar a abandonar o esquecemento con propostas como estas.
Máis información: www.culturagalega.org

 

Novas entradas na sección de Falan del:

- CENTENARIO DO NACECEMENTO DE DOUS GRANDES DA CULTURA GALEGA: ALBERTO VILANOVA E LUÍS SEOANE, por MANOEL CARRETE
- ALBERTO VILANOVA BIBLIÓFILO EXCELENTE, por JOSÉ PAZ RODRÍGUEZ

 

Novas entradas na sección de Artígos:

- EN LA MUERTE DE UN GRAN HUMANÍSTA CATALÁN: Luis Nicolau D´Olwer, capítulo I: EL POLÏGRAFO (1962)
- EL SENTIMIENTO ESPAÑOL EN CAJAL (1652)
- CURROS ENRÍQUEZ, EL HOMBRE (1951)

 

"ULTRAMARINOS" por Nate Borrajo

Hai uns meses que mudei de barrio, con todo o que carrexa isto: caras novas, horarios, cambios na paisaxe, sons e ruídos diferentes. Todo se modifica cando te desprazas uns metros… tamén os paseos cambian, e as distancias. Os camiños inzan de nova e suxestiva toponimia: Almorfe, Buzaxe, Cardosteo e que viva o rotacismo! O microecosistema muda. Sei que isto non é de grande interese e que non aporta nada esencialmente novo, pero se tedes un chisco de paciencia, veredes que ben pode merecer uns minutos das vosas vidas. Nestas andaba, na dura tarefa da adaptación, e non era esperanzador saber que moitas especies antes ca min non a superaran convenientemente… Esculcando dende a miña ventá nova ás dos veciños, intentando descubrir historias secretas, segredos inconfesables, dándolle corda á cabeza, mirando os andares ás carreiras da beirarrúa, o último ultramarinos da cidade, no que atopas dende conversa ata chourizos caseiros con loureiro, doas e cartas de amor. Nesas andaba, cando caeu diante dos meus ollos unha imaxe, unha fotografía que caía pesada polos anos que levaba enriba. Ao collela, para que non seguise o seu precipitado descenso cara aos infernos, vin tres rostros que sorrían. Tiven que agarrar o peito para que o meu corazón de adolescente efervescente non saíse do peito ao ver que quen me sorría era María Casares. A min, mirábame a min. Serena, vital, fermosa, co pouso de todo o vivido. Os seus acompañantes borráronse de seguido e quedamos ela e mais eu ata que soou o chamador. Alguén quería arrebatarme aquel tesouro… Pero quen non o reclamaría? Quen deixaría fuxir aquel sorriso? Un mozo agardaba e sorría: é unha foto do meu avó!, dixo, Alberto Vilanova. Tiven que contradicir iso inmediatamente. Alí non había un avó, estaba María, residente privilexiada na miña casa nova. Pero non houbo acordo, e si un café. E outro. Varios. E cos cafés viñeron máis fotos. Non en todas estaba ela, o que si recuncaba era Vilanova. E os seus artigos en Posío, Galicia Emigrante, en Vieiros. As súas colaboracións na Enciclopedia Gallega. As cartas de Ramón Piñeiro, Isaac Díaz Pardo, Blanco Amor, Ben-Cho-Sey, Neira Vilas, Xesús Taboada… As dedicatorias de Luís Seoane. O retrato de Bóveda. Foi chegando a modiño, e xa quedou para sempre. E o mozo tamén.


Quen é Vilanova? Quen é que non o coñecín? A que andaba? Que pasou nos libros de historia? Como borrar o noso pasado? Como avanzar se non o coñecer? Alberto Vilanova é de Ourense, é galego, é mestre, é historiador, é sabio, é conferenciante, un home comprometido co momento político que lle tocou na mañá clara da súa vida. E foi ese compromiso o que o mandou lonxe e en silencio, a ultramar, onde se buscas ben atopas tamén conversa, doas, cartas de amor e loureiro… A Arxentina acolleuno xenerosa. Alí traballou, incansable, na súa obra. Afundiu a morriña e a saudade do Miño en arquivos e bibliotecas para tirar un monumental traballo, Los gallegos en la Argentina. Claudio Sánchez Albornoz, impresionado polo traballo, prologou os dous tomos de Alberto Vilanova, cualificándoos de “magnífica e erudita empresa”. Xa antes publicara a mellor biografía de Curros Enríquez ata o de agora escrita, premiada en Bos Aires e silenciada na súa terra. Membro de AGUEA, profesor de Historia na Universidade de Bahía Branca, e amigo fiel e sincero, dos que se contan cos dedos da man. Un recordo que mantiña o seu ánimo: a foto dos seus fillos na súa mesa de traballo. Sempre acugulada de papeis, recortes de xornais, notas, libros, deixa libre o oco para ver a ollada dos seus pequenos, o seu orgullo. Ás veces, moitas menos das que quixera, deixouse ver como a cola dun cometa pola súa cidade natal e marchaba coa maleta enchida de abrazos e bicos que lle daban azos na súa tarefa colosal: un Dicionario de galegos ilustres, aínda inédito. Fala de historia na Cátedra do Centro Lucense, onde presenta aos galegos emigrados e arxentinos a Xelmírez, a Nicomedes Pastor Díaz, a Galo Salinas; fala de Giner de los Ríos, de Unamuno, de Murguía. Da paisaxe e da condición humana. Da música e dos coros galegos. Da emigración. Da terra e dos amigos. E a nosa admirada María Casares adícalle unhas palabras: Pra María Casares, groria galega universal, coma rendida ademiración ao seu arte e a súa fidelidade ao nome limpo i esgrevio de seu pai. Con máisimo agarimo.


Volveu en 1981. Chegou vello e canso á súa casa, cun sustiño no corpo e na alma un cantar. E chegou el e os seus máis de seis mil libros e centos de miles de artigos. E doutra volta, pasou caladiñamente, sen se notar, marchando para sempre a ultramar en 1985. Os amigos que aínda lle quedan velan pola súa chama: Xesús Alonso Montero e Isaac Díaz Pardo. Os antigos alumnos e alumnas, que aprenderon as orixes da lingua e souberon da sensibilidade de ser e sentirse galegos da súa man, fixeron unha homenaxe no seu regreso o día 14 de abril. Non podía ser noutra data, cando queres amosar respecto ao mestre republicano, de ollos serenos e voz calmosa.


Hai uns días, neste ano de música e de bosques, tamén no mes de abril, presentouse unha web divulgativa sobre a súa persoa e a súa erudición. Na mesa e no coloquio as voces da súa xente, e o firme compromiso de afondar no estudo da súa bio-bliografía e na edición ou reedición das súas obras fundamentais. Para que non haxa escuridade, para que brille o seu nome como se merece. Queda tanto por facer!


Non sei cando volverei mudar de casa. Non sei se a vida nómade me deixará acougar moito ou pouco neste recuncho. Pero agora asexo sen disimulo para as ventás dos meus veciños. Que agocharán? Máis historias silenciadas? Anacos do pasado que agroman por detrás dun vidro? Fotografías que falan? Polo si ou polo non, almorzo na terraza, como a miña amiga Sabela, por se outro papel ou outra historia quere toparse comigo.

Nate Borrajo, publicado no Blog da Editorial Galaxia (2-05-2011)

 

Novas entradas na sección de Artígos:

-BIBLIOGRAFÍA. JOSÉ COUSELO BOUZAS. “LA PINTURA GALLEGA” (1950)
-ORENSANOS ILUSTRES. ACEVEDO PÉREZ, FRAY ANTONIO (1951)
-ORENSANOS ILUSTRES. ABELLÁS VÁZQUEZ, FR. CÁNDIDO (1952)
-JULIÁN PELLÓN RODRÍGUEZ, ENTRE EL RECUERDO Y LA NOTICIA (1966)
-R. P. JOSÉ M. BLANCO (1957)

 


Nova entrada na sección de Artigos:

EN LA MUERTE DE UN GRAN HUMANÍSTA CATALÁN: Luis Nicolau D´Olwer (III y última nota: EL HOMBRE) (1962)

e dúas novas entradas na sección Falan del:

LOS GALLEGOS EN LA ARGENTINA, por AUGUSTO CASAS,
FIESTA DEL CENTRO DE ENSEÑANZA BÓVEDA
e LOS GALLEGOS EN LA ARGENTINA, por LUIS SEOANE (1967).
 

Na sección "Falan del" subimos un artículo de L. Seoane falando da obra "Los Gallegos en la Argentina" publicado en Bos Aires no ano 1967.
http://www.albertovilanova.com/Hablan/cita/77/LOSGALLEGOSENLAARGENTINAporLUISSEOANE1967
 

Páxinas: 1 2 
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica