Publicacións
Blog
A ALBERTO VILANOVA, X.C.GÓMEZ ALFARO (2004)
Daquela eu era un neno do Ribeiro
Eu non souben de ti nin da loucura
Dunha guerra civil e ditadura
Que te arrancou da Terra por enteiro.
Anos despois os teus, todo baleiro,
Faláronme do exilio e da andadura
Túa nunha Arxentina onde fulgura
Un feixe de galegos sobranceiro.
Faláronme do exilio e da andadura
Túa nunha Arxentina onde fulgura
Un feixe de galegos sobranceiro.
Permíteme que cante neste abril.
Republicano, austero e coherente,
Apóstolo de Clío tan xentil,
O cálamo fecundo e resistente
Que levaba a Galicia no candil
Aurora daquel peito combatente.
X. C. Gómez Alfaro. Sanín, 14 de abril de 2004
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova