Blog

 ALBERTO VILANOVA por MARCOS VALCÁRCEL (2002)

O escritor  ourensán  Alberto Vilanova Rodríguez pasou  máis de dez anos recollendo datos para elaborar as Efemérides máis importantes e trascendentes da Historia de Galicia; era este un labor moi querido polos eruditos e historiadores do século XIX, onde Vilanova tivo precedentes destacados como o tamén ourensán Arturo Vázquez Núñez. Este listado de efemérides publícase agora nun volume de Ediciós do Castro de case trescentas páxinas titulado “Los  días históricos de Galicia”.


Puido reconstruirse grazas a un mecanoescrito inédito ata agora que se conserva na  Biblioteca da Deputación de Ourense, en 159 folios,


e que consigna as efemérides sintética e cronoloxicamente  ó longo de cada un dos días dos doce meses do ano. Os sucesos recollidos van desde a Idade Media ata o ano 1931, pois nesas datasVilanova rematou o seu traballo (agás algunha anotación posterior). O responsable desta reconstrución foi o historiador Alfonso Mato, do Instituto Galego de Información, que tamén preparou un moi traballado prólogo titulado “Alberto Vilanova: republicanismo, erudición e coraxe cívica”; ademais recóllese no volume unha ampla relación de publicacións de Vilanova, incluíndo libros, artigos e as súas numerosísimas entradas, na  “Gran Enciclopedia Gallega” (moitas sen asinar). Díaz Pardo cumpre así, de novo, coa súa declarada misión de rescatar a nosa memoria histórica, agora devolvéndonos unha parte da obra dun notable ensaísta e intelectual hoxe demasiado esquecido.
 
Marcos Valcárcel, La Región, 2002
Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica