Blog

 GALICIA EMIGRANTE (1954)

Cantas suxestións suscita no noso esprito o eispresivo tíduo d-ista pubricación! Porque dicir GALICIA EMIGRANTE é dicilo tudo, e afirmamos isto, porque oxe a Galiza nadiva sofre terribel rachadura no seu motor espritual, e se algunha Galiza eficente fica, ou pol-o menos debera ficar con impronta indelébele no deveñir hestóreco d-ista hora, é a Galiza da emigración. D-ehí que pesen  sobor d-ila sagros deberes e serias responsabilidades humáns.  Mais isto non é do que hemos de falar. Chegará a súa hora, como lle chegan de cote a todol-os homes e a todal-as cousas.

Non vamos a caere na bizantiña costume de poetizar o probrema do seu orixe, opinando se a emigrazón ten as súas causas na sede de


aventuras ou na curiosidade por coñecer novos lugares,  ou se a lonxanía inocolou na súa ialma os fermentos inquedantes da saudade ou da morriña. Non.

Pra nós a emigrazón galega é –disfrácese coa terminoloxía que se disfrace- esencialmente de orixe político. Non, no senso con que se sinifica o respetábele númaro de eisiliados arribados a istas terras xenerosas, coma resultado da guerra civil hespañola. Mais é, que a política non causa danos non soio polá súa aición represiva ou corruptura, tamén os produz polás súas puníbeles omisións. E ¿que dúbida cabe que a maioría dos emigrantes galegos viñeron a América concretamente, en busca d-unha vida máis humán, civilizada e progresiva, da que na súa terra non disfroitaban? E, ¿como aobar que isa carencia de decoro humán, estimazón social e seguridade económica, respondía ao abandono criminal no que o Estado centralizador tivo sempre a nosa Galiza? Velehí a razón pol-a que nomeamos de política a causa do éisodo galaico.

Agora ben, isto posición moral do rus galego frente ao desleixo ou maltratamento do poder central, ontando como vía de solución a aititude emigratoria, foi ouxeto dos máis abaixados comentarios, por quens son fáceles pra censura, mais difíciles cando non imposíbeles pra meditazón.
A millor proba da riqueza humán da ialma galega, e, que tendo sido a nosa terra a  mais desaponderada, prederida e aldraxada, que sendo esquencido por compreto os deberes que o Estado tiña pra acudire as súas necesidás e resolver os seus probremas, o galego non reauciona a súa disgracia como reaucionan os homes inferiores. O galego se ten comprexo d-inferioridade –referímonos craro está ao que por perteñecer as máis humildes capas sociaes, está na súa desdita mais atreito a padescer ista tara moral- non se produz con ise encirrado comprexo con que os demais homes se producen, coa súa secola de resentimentos baixos, astrosas mesquindades, incapacidade pra sentire as cousas grandes e desprendidas, tendenza a deterse nos detales pequenos, coa súa obsesión de vencido ou a súa visión erebada pol-o fracaso. Non. O galego sabe superare ise fenómeno coa voutade refrentade por outros vieiros ideaes. E cando non pode revoltarse, non se somete i emigra. Por iso dixo Castelao que "Galiza non pide, emigra".

Xa fóra da súa terra o galego revela d-unha maneira milagrosa do que é capaz a súa resistencia física e a súa calidade espritoal, transfigúrase, medra, loita e saca insospeitadas forzas ante os probremas de traballo que se lle presentan. E cáseque sempre conquire unha posición dina, cando non sinala un fito de exempraridade pra todol-os seus semellantes. No galego emigrante xamais está probrematizada a súa entidade prasolóxica. Supre e arrosta as dificultás coa súa ardida voutande. Turra pra diante e ábrase camiño desconcertando ao auservador que lle supón fallo da preparación indispensábele pra o trunfo. Y é que o ouservador d-abondo simpre ou d-abondo unilateral, non ten en conta as súas innatas virtudes volitivas.

Mais, amén da voutade han de terse en conta os outros elementos mentaes que bulen no seu miolo racial. O cálculo, a previsión, a retranca, o acordo e trasacordo, a ponderación meditativa, a desconfianza razonada, aparte da súa proverbial honestidade, dótano dos millores instrumentos laboraes pra defrontar o risco e con il o trunfo en toda cras de empresas e negocios. Se que coa preguiza, o pesimismo e os seus lastres inseparábeles da timidade e da abulia, endexamais se conqueren posicións económicas, endexamais anda proveito a riqueza d-un país.

Son mañíficos istes emigrantes no orde individual. O día que sexan n-unha prena solidaridade coleitiva, aquil día Galiza enconmenzará a entoar o hino da súa alborada remidora. Mais pra ilo tan a coleitividade galega que embandeirarse n-unha espritoalidade creadora e desapoderarse de noxentas e serodias oligarquías.

Isto é o que nos suxeriu o tíduo da revista e a primeira visión panorámica da Galiza emigrada en Bos Aires.


VILANOVA, A.: Galicia Emigrante, GALICIA EMIGRANTE, nº4, setembro de 1954, Bos Aires.

Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica