Publicacións
Blog
VERBAS A OS GALEGOS SINXELOS (1955)
Un povo é grande cando mantén a través da Hestoria a forza inmorrente do seu esprito propio, rexo e creador. Galiza superviveu e supervivirá, mentras frente a todal-as treboadas hestóricas que podan asolala, non deixe perescer as esenzas de vidalidade que integran a súa verdadeira ialma.
Arelamos que Galiza sexa galega. Isto é craro por ser sinxelo. Arelamos que galega porque estamos cansos de vela aferrollada por movies e por valedeiros que abanean antre a simulazón e a viltanza.
Galiza viva, progresiva, respetada, forxada pol-a místeca de quens a empurran a empresas liberdadoras. Os bos e xenerosos teñen

a obriga de aturarei se risco. Ista é a tarefa máis urxente a realizare.
O demais ou é orfaneza inteleitual ou escándalo literario; máis tan nefastas conduitas fican para os pedantes ou para os energúmenos.
Os galegos hemos nado máis que pra narral-a hestoria, pra facela.
A hestoria non é un camiño que se nos impoña, coma aquiles itinerarios de “conducción ordinaria”; se iso fora, a andadura estaría a mercé de calqueira audace fose cal fose a súa catadura moral, senón que somos nós co noso propio xeno e insperación quenes temos que construila.
Voltamos a Anti-Galiza.
A Anti-Galiza é a caverna da mediocridade. Descimos isto porque tan axiña coma nos é posibre inventairare as súas cousas, nos alcontramos coa súa ridícula pequenez. Pequenos os probremas e pequenos os homes que os elaboraron.
Aborrezo a aquiles que coma necrófagos insaciábeles, limitan todal-a súa obra a mergullar no pasado de Galiza, sen que se lles arrepíe a freba cardíaca meditando un soio instante na mellor maneira de forxar un vieiro venturoso ao noso porvir.
Desconsólanos profundamente o estado moral da maioría da presente mocedade galega, soio afotada en conquerir posicións inteleituaes e sociaes para stisfeición de su lucro ou da súa vaidade.
Mentras a nosa mocedade non se mova por profundos agulloazos esprituaes coma a defensa da xustiza e o cumprimento de hirtas normas éticas, non podemos esperar para nosa Terra o gran futuro que cobizamos.
Antre os voceiros de teorías pasadas, antividaes e infrahestóricas, e os espritus que dexersan a realidade, que ven a vida coma unha constante loita e que están dispostos ao sagrifizo cando a ideia chama e o deber diuta, nosas devocións van pol-os segundos, porque é o úneco xeito de xustsificare a aicción por unha Galiza inclaudicábele e auténtica, pois o outro sería convertir todol-o door e espranza da nosa Terra, n-un noxento tema pra fornecer elucubracións inútiles e desditadas.
Os galegos non debemos esquecer que o trunfo dos xurdidos movementos remidores, non depende d-unha enorme morea de sumandos, nin d-unhas posiblidás máis ou menos próisimas pra súa realización, senón d-unha vountade teimosa ao servizo impresciptíbele d-un ideial nidio e recho.
Os povos, igoal que os homes, son cáseque sempre os xeradores do seu proprio destiño. Máis a aititude perante o destiño é a que decide pol-o tanto da súa sorte.
Frente a adeversidade o frebre abáixase sempre, máis o forte non se conforma e precura desafiala, vencela e forxarse un millor; o febre que se resiña arruza toda espranza e fica a mercé de todol-os venlos; soio o forte sabe eistraerse dos bandazos do destiño, maior forza para abrirse un camiño libertador é si é preciso recomenzar a súa vida.
¡Tamén Galiza ten os seus mortos!
Moitos d-iles foron herois e martres, cando a Hestoria os colocou no ineludíbele intre de sere leiaes ou desleigados a Pátrea.
Cando o esmorecemento ou a desesperanza acométenos, a súa lembranza debe constituire o millor acicate pra renaescer no noso posto de loita.
As aituaes e vindoiras xeracións habrá que dicirlles:
Duro foi o esforzo, subrime o sagrifizo e nidio o sangue derramado, e non foi derramado pra alcaiotar intreses innobres de individuos, de castes ou de crases; non foi derramado no nome de apetitos materiaes ou fobias rencurosas, foi derramado no nome d-unha ideia santa, no nome de espritu en nome do máis nobre, fermoso i eiscelso que pode latexar no curazón humán.
A moitos d-iles coñecímolos, con iles convivimos as horas máis incertas da nosa eisistencia, compartillamos as súas devocións e as súas angurias.
Eran formidábeles, xenerosos, ideaialistas.
Non se laiaban máis que das defeicións, e resistían as axexanzas con ialma de aceiro, e cando chegaba o momento tráxico en que había que oferendar a vida, xamáis penscudaban o porque de seu marteiro.
No fondo sabían… ¡que non iban a sere cadavres, senón semente!
VILANOVA, A. “Verbas aos galegos sinxelos”, da Rev. Galicia, Caracas, maio de 1955.

Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova