Blog

 ALGÚNS SUPOSTOS DO FENÓMENO HUMÁN, Especial para "Alborada" (1955)

Non hai profundador, nin siquera home sensíbele que non repare con inquedanza ou con serenidade, se ista derradeira é posíbele –n-iste mundo barulleiro e alporizado de tantos conflíutos humáns. Circúa unha certa corrente de hiperestesia por todo noso espritu, que soio Deus sabe coma xa non hemos perescido, arrastrados por tantas piscosis trastornadoras.

Os defensores ou apoloxistas a ultranza dos privilexios e das desigualdás sociaes non sempre opoñen sensata argumentazón a quéns pedimos respeto ao Direito que teñen os avances xenerosos da sociedade a producirse e cristalizarse. Alcontran na maor parte dos casos un vieiro mais fácile i esipedito, que non lles forza a fatigare os miolos, ni a documentarse en feitos, en teorías, nin en datos hestóricos.


Recoñecen algunhas vegadas que teóricamente temos razón; mais opoñen unha afirmación rotunda e categórica, socorrida e fadal: non é posibre variare a natureza humán. Unha cousa é profundidar e outra vivire: Primun vivera deinde philosophare.

Estes razoan eisí: Por moito que nos desacouguemos haberá sempre inxustiza e desigualdade, porque a natureza humán eisí o eisixe. Por moito sangue que se verta pra liberare aos febles da sumisión incodizoal aos fortes, ila será infecunda, porque a natureza humán impón a lei da loita pol-a eisistenza. Por xenerosos que sexan os esforzos dos individuos pra asegurare a paz antre as nazóns, ren se conseguirá pra evitare as guerras, porque a natureza humán non pode sere unha loita despiadada, eterna e crudel. Xa fai anos que Renán esquirbía con istes tintes soturnos: "A humanidade considerada en conxunto oferce unha morea de seres abyeitos, que soio son superiores ao animal, porque o seu egoísmo é mais refreisioado".

¡A natureza humán! Levan os filósofos, os naturistas, os psicólogos, os físicos, os sociólogos, os xuristas e hastra os poetas, séculos a séculos estudándoa e tratando heroicamente por sorprendere as molas que rebulen as suas entranas, e apenas se han podido comprobare algunhas leises biolóxicas e outros tantos principios moitas vegadas provisionaes, que produscen o mais desconsolador dos desconfortos espirituaes. Mais calqueira iñorante desenfadado, cando se lle fala de equidade e de xustiza invoca na sua contra a natureza e cre saber o que ila é. (A caraiterística do iñorante consiste caseque sempre en crerse na posesión do segredo d-aquilas cousas, nas que aínda a cencia lle está defeso o coñecimento).

A Natureza é isto ou aquilo, e se opón o de mais acá ou mais alá; d-ista maneira ou da outra; avense con taes dogmas e non atura aos opostos. Inútil é que nos desgalitemos en aducer razón d-abondo e que invoquemos o sentimento do deber ou o senso común, maníficas andadeiras pra camiñar por zonas discorrentes, mais que ninguén ten en conta se emecen a consecuzón de seus fins. A Natureza non quere ouvirnos; desóuvenos e finalmente esmáganos. Entón é preciso, baixar a testa e deixar aos eisprotadores e aos soberbos que sigan cometendo  seus aldraxes e caiñezas pra non contorvaren a dixestión da nai Natureza, cuios desiños, misteriosos pra nós, son craros i eispresos pra os que se non toman outra molestia a fin de cultivare as súas facultás que ha de especializarse n-algunha discipriña práitica rutinaria e ha de adequirire certa habilidade no manexo dos seus intereses e na administrazón dos seus negozos. Son seres que ademais de desenrolare unha vida despritualizada, teñen pra todol-os probremas unha visión esteitamente unilateral. Esquecen o que descía Cousin: “Se amades a natureza humán, tedes que mirala na súa integridade e por todal-as súas bandas”.

Coma aquel xentilhome burgués de Molière, que falaba en prosa sen sabelo, quens se opoñen aos diutados da razón, en nome das amosegas aleatorias da Natureza, inciden coma recuncadores dos pesimistas de todal-as épocas. Pra iles, coma pra os poetas románticos do século pasado, ningún ten no mundo remedio. Leopardi, Heine, Keats, Musset, Espronceda, Richepin, abominan ou enfenxen abominare da vida, porque n-ila non pode prosperare máis que o mal; ínzanse d-aquiles crásicos laios de Heráclito, Omar Kayan e Séneca, ou as deseperadas mágoas dos suicidas Ganivet e o noso Vesteiro Torres, cando louvaban e desexaban a morte como único ben posibre; a Byron e a Nicolás Henan. ¡Todo é moi malo!; mais quens tal sosteñen, solen coma o sarcástico Schopenhauer, vivir en bon burgués, dándose boa vida, disfrutando de todol-os  praceres epicúreos. –O mundo é malo!, mais precuran que soio o sexa en dous casos: cando han de padecelo seus semellantes desditados ou pra tema das súas disertacións retóricas. Pra iles a natureza humán ten os mesmos compoñentes e a mesma física que a natureza cósmica, suxeita a iguaes impondarábeles e a fadalismos irrefugábeles.

Tamén é vello o de opoñer á Naturez a razón. “Hai unha Natureza nas cousas, -descía o economista Leroy Beaulieu- unha ironía que se ri do lexislador e que se vinga das súas paucadas”. Un libro, ben nutrido, escrebeu o profesor italián Címbali, no que defendía o direito do máis forte. Escribeia: “O mundo humán, coma o mundo animal, está disposto xerarquicamente. Cada elemento vale o que é, i está no lugar que meresce; o que vale máis é máis que o que vale menos, e ocupa un posto superior”. O tamén profesor Canestrini, descía que os febles deben sucumbire, coma nas familias sucumbes os fillos máis febles, que valen menos que os outros e desaparecen en razón ao seu afrouxamento. Baste lembrar a controversa sostida por Turatti e Aquiles Loria. O pesimismo é a teoría da barbarie da Natureza e tan antiga coma o mundo.

Coma refugadoiro polémico é unicamente pra ampregare o sistema lóxico da reducción ao ausurdo, vamos a ademitire que é certo que a Natureza concede sempre viutoria ao máis forte, e que pol-o tanto sobran as invocacións ao Direito e á xustiza. Moi ben; mais cando ista mesma teoría é sostida pol-o povo e se apresta á loita, ¿por que os podentes lle falan de deberes, de relixión, de moral, de doutrinas evanxélicas?

¿Non dá a Natureza o trunfo ao máis forte? Pois os desherdados deberán pol-a asociación ser os máis fortes, e vano conquerindo. Isolados eran os febles, axuntados poden máis que os que se xuzgaban invencíbeles. A Natureza pon ao forte en col do feble. Hai que sere fortes e pra ilo axuntarse, e o povo se axunta e se dispón a sere vencedor, mais entón, os que ven seus privilexios e zaramallas en perigo xa non invocan á Natureza, senón aos deberes rixos dos súbditos. Deixan de lembrar a lei de loita pol-a eisistenza e sacan istes preceitos, anque xamais se habían lembrando d-iles.

O malo ademais, é que a humanidade non atopou aínda millor solución a istas incompatibilidás arrepiantes, máis que as guerras. O que son istes terribles catacrismos, vémolos pol-as súas crásticas consecuenzas. Ilas dannos o nivel moral dos homes, eixe i epicentro de todo fenómeno humán. De todo ilo escolmamos unhas cantas concrusións.

¿Enxeitamos o suficinte á chamada aos instintos groseiros da animalidade humán, á brutalidade, á misquindade, á cobardía e á envexa, pra pregar con rixeza o cumprimento dos máis esgrevios sentimentos da ialma, sen afoto degoiro de xustiza, de fraternidade, de liberdade? O tópico inmoral de que “é inútil trocar ás institucións, namentras non se troque a mentalidade dos individuos”, é unha abelencia raposeira pra diferire, pol-os séculos dos séculos, o erguemento cívico dos povos. Mais ¿que fixemos do que debiamos faguer por situare á persoa humán, en condicións idóneas pra exercer seus sagros deberes cibdadáns, ao mesmo tempo que pretendiamos transformare a sociedade? ¿Atacamos de frente, coma se debía, as dúas tarefas, enleiándoas e compatibilizándoas nunha obra de salvación común?

A vida das nazóns non consiste na eficenza das súas armas, nin no terror que inspiran a seus rivaes; nin tampouco no respeto que poida inxeitar ao eisterior; nin siquera no seu dominio dos mercados, ou da categoría diplomática ante o mundo. Non. Consiste na integridade xurídica e moral; na sumisión as práiticas máis puras do ben; na nidia afirmazón de nós mesmos coma coleitividade hestórica; na fidel perpetuazón da nosa ciebe cibdadanía. Un Estado pode, por torpidade ou por estupidez, eispoñer a nazón ao deshonramento d-un derrotismo guerreiro. Mais é moito máis grave e delictivo o erro d-un Estado que eispoña á nazón a un deshonramento d-un derrotismo espiritual, no que se afonde o senso máis elemental de xustiza, e o debido rango supranazonal ás formas máis primarias da civilizazón.

Nos povos, nos individos, non se desenrola xamais un nobre sentimento, sen enlevar ás ialmas depurando ás paixóns. Un povo no que se apouviga o senso moral non meresce vivir, por brilante que sexa, fora d-isto, a súa formazón inteleitual. Ista é unha das máis severas e palmarias leicións da Hestoria. Ren de prosperidás económicas, senón van acompañadas da riqueza espritual dos povos; cada home haberá de profundar en si mesmo, acrescer seus valores humáns, pra dare un senso eiscelso á súa vida, comprendendo que cada vida ten un siñificado eispresado pol-a súa calidade representativa.
A humanidade é por doqueira semellante, é o bernis superficial que proporcioa a riqueza e a educazón esváiese de súpeto ao alcontro dos sufrimentos, deixando espidas ialmas iguaes, semellantes nos seus baixamentos e cobardías e hastra, moi rara vegada, na súa grandeza.

As radicaes mudanzas que sofreu o mundo nos derradeiros anos han polarizado os debezos da personalidade humán, en probremas difrentes aos que denantes rebulían nas xerazóns anteriores. Un dos máis fondos é isa proba de resistenza interior, que ha de darse ao home d-hoxe, ao comprometerse ante a hestoria a construire por si soio un novo xeito de vivire, respostando eisí ao inquérito aturado da súa concencia. Xa non é isa vaga e imprecisa das ideialidades abstraitas; é a realidade indecrinábele dun novo orde de vida que ten que afrontarse e logo afirmarse e afortalarse.

Endemal o home contemporán non está suficintemente apto pra apertar ista nova fe. A fe do home contemporán é coma un material apodrecido que se desfai a meor fendura; e de todol-os uncidos o máis danado é o que sofre unha deceición, porque a perda da fe arrinca propriamente das raíces da vida. Sen a fe é imposíbele que a concencia estea prea, inteira; por falla de fe é pol-o que tantos anceian arestora, por unha nova relixión, e a falla d-ista por unha nova filosofía. Arrequeixan un cruxol que fundíndose uñifiquen as súas forzas internas, porque aínda son poucos os que poiden, p-olo seu proprio esforzo arranxar isa concentrazón e, sen achegos eisteriores, afortalarse contra a desilusión. A enerxía da fe é hoxe d-abondo feble; e cando se fende unha fe determiñada e afortuadamente desenvolta, iste feito pode esgazar toda crencia; o cal invitabelmente, leva ao nihilismo e á descomposizón mental.

Estamos pois, na máis asoladora das crucilladas hestóricas. Quizaves xamais a humanidade lle toque vivire horas máis aciagas que as nosas. Porque iste momento cheira a belicismo, a belicismo atilano e salvaxe, non alcontrou millor meio de superalo que apelar a ise tipo de barbarie centificista, que puxo ao mundo a mercé da vesaña de armas terribelmente estragantes.

De ren sirven pois, aconciliábulos e alianzas, carreiras de armamentos e gansterismo internazoal. Os paitos feden, porque non se afincan en col dos inevitábeles principios espirituaes; non hai pol-o tanto colaboradores, senón cómprices. E sobor de todo non hai que esquecer o caráiter imprudente e aldraxante de certos paitos. Un aliado d’abondo podente é moitas vegadas máis témero que un nemigo perigoso. A alianza c-un povo forte, non supón pra o povo feble máis que unha forma encuberta de servidume ou colonaxe.

Fiquen pois por hoxe coma ledas utopías, todal-a prañificazón d-unha hirmandade universal, preconizada dende hai moitos séculos, cando Plutarco creía que todol-os homes chegarían a formare unha soia repúbrica, falar a mesma lingua e a rever a felicidade suprema.
Tolstoi e Keyserling, entre outros, achacaban esta falla de entendimento e colaborazón á carenza de amor.

O certo é que hai que ser lóxicos e consecuentes. ¿Prantéanse istes probremas no terreo ético e xurídico? Entón non val invocar á Natureza, senón razoar e obrar coma seres de razón e vontade inspirada no ben común. ¿Apélase a Natureza e a loita pol-a vida? ¡Ah! En tal caso non hai posíbele remedio. Haberá que crer que a hestoria da humanidade é a hestoria do canibalismo satáñico, no que os febles deben sere eisprotados e tiranizados pol-os fortes. Estamos no apoxeo do cainismo, unha arfada de loucura irmancida, ameaza dare ao traste con todo.

Se así fora, ¡que agoiro máis certeiro o d-aquil sabente bispo galego S. Pedro Mezonzo, cando decía que o mundo era un val de bágoas!


VILANOVA, Alberto: nº 163 de “Alborada” de Corcubión, (maio-agosto de 1955)

Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica