Blog

 GALICIA EMIGRANTE (1954)

A Alberto Vilanova, uno de los altos valores gallegos actuales, le saludamos en el nº 3 de esta revista con motivo de su llegada a esta Capital, ofreciéndole al mismo tiempo nuestras columnas. Con el presente artículo inicia su colaboración en estas páginas, donde, en lo sucesivo, podrá mostrar a nuestros lectores ese rigor de su pensamiento y esa fe en Galicia y en su cultura que reconocemos en Vilanova, a través sobre todo de su magnífico libro "Vida y obra de Manuel Curros Enríquez".


GALICIA EMIGRANTE


Cantas suxestións suscita no noso esprito o eispresivo tiduo d-ista pubricación! Porque decir GALICIA EMIGRANTE é decilo todo, e afirmamos isto, porque hoxe a Galiza nadiva sofre terríbel reachadura no seu motor espritual, e se algunha Galiza eficente fica, ou pol-o menos debera ficar con impronta indelébele no deveñir hestórico d-ista hora, é a Galiza da emigración. D-ehí que pesen sobor d-ila sagros deberes e serias responsabilidades humáns. Mais isto non é do que hemos de falar. Chegará a súa hora, como lle chegan de cote a todol-os homes e a todal-as cousas.

Non vamos a caere na bizantiña costume de poetizas o probrema do seu orixe, opinando se a emigrazón ten as súas causas na sede de aventuras ou na curiosidade por coñecer novos lugares, ou se a lonxanía inocolou na súa ialma os fermentos inquedantes da saudade ou da morriña. Non.

Pra nós a emigrazón galega é –disfrácese coa terminoloxía que se disfrace- esencialmente de orixe político. Non, no senso con que se siñifica o respetábele númaro de eisilados arribados a istas terras xenerosas, coma resultado da guerra civil hespañola. Mais é, que a política non causa danos non soio pol-a súa aición represiva ou corrupta, tamén os produz pol-as súas puníbeles omisións. E ¿que dúbida cabe que a maoría dos emigrantes galegos viñeron a América concretamente, en busca d-unha vida máis humán, civilizada e progresiva, da que na súa terra non disfroitaban? E, ¿como atobar que isa carencia de decoro humán, estimazón social e seguridade económica, respondía ao abandono criminal no que o Estado centralizador tivo sempre á nosa Galiza? Velehí a razón pol-a que nomeamos de política a causa do éisodo galaico.

Agora ben, ista posición moral do rus galego frente ao desleixo ou maltratamento do poder central, contando como vía de solución a aititude emigratoria, foi ouxeto dos máis abaizados comentarios, por quens son fáceles pra censura, mais difíciles cando non  imposíbeles pra meditazón.

A millor proba da riqueza humán da ialma galega, e, que tendo iso a nosa terra a máis desapoderada, prederida e aldraxada, que sendo esquencido por compreto os deberes que o Estado tiña pra acudire as súas necesidás e resolver seus problemas, o galego non reauciona súa disgracia coma reaucionan os homes inferiores. O galego se ten comprexo d-inferioridade –referímonos craro está ao que por perteñecer as máis humildes capas sociaes, está na súa desdita mais atreito e padescer ista tara moral- non se produz con ise encirrado comprexo con que os demais homes se producen, coa súa secola de resentimentos baixos, astrosas mesquindades, incapacidade pra sentire as cousas grandes e desprendidas, tendenza a deterse nos detales pequenos, coa súa obsesión de vencido ou a súa visión crebada pol-o fracaso. Non. O galego sabe superare ise fenómeno coa voutade refrentade por outros vieiros ideaes. E cando non pode revoltarse, non se somete i emigra. Por iso ben dixo Castelao que "Galiza non pide, emigra".

Xa fora da súa terra o galego revela d-unha maneira milagrosa do que é capaz a súa resistencia física e a súa calidade espritoal, transfigúrase, medra, loita e saca insospeitadas forzas ante os probremas de traballo que se lle presentan. E cáseque sempre conquire unha posición dina, cando non sinala un fito de exempraridade pra todol-os seus semellantes. No galego emigrante xamais está probrematizada a súa entidade prasolóxica. Supre e arrosta as dificultás coa súa ardida voutande. Turra pra diante e ábrese camiño desconcertando ao auservador que lle supón fallo da preparación indispensábele pra o trunfo. Y é que o ouservador d-abondo simpre ou d-abondo unilateral, non ten en conta as súas innatas virtudes volitivas.

Mais, amén da voutade han de terse en conta os outros elementos mentaes que bulern no seu miolo racial. O cálculo, a previsión, a retranca, a ponderación razonada, aparte da súa proverbial honestidade, dótanlle dos millores instrumentos laboraes pra defrontar o risco e con il o trunfo en toda cras de empresas  e negocios. Se que coa preguiza, o pesimismo e os seus lastres inseparábeles da timidade e da abulia, endexamais anda proveito a riqueza d-un país.

Son mañíficos istes intres emigrantes no orde individual. O día que sexan n-unha prena solidaridade coleitiva, aquil día Galiza encomenzará a entoar o hino da súa alborada remidora. Mais pra ilo ten a coleitividade galega que embandeirarse n-unha espritoalidade creadora e desapoderarse de noxentas e serodias oligarquías.

Isto é a o que nos suxeriu o tiduo da revista e a primeira visión panorámica da Galiza emigrada en Bos Aires.


VILANOVA, A.: Galicia Emigrante, "Galicia Emigrante", nº 4, Bos Aires, setembro de 1954.

Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica