Blog

 A CRUÑA, CONCENCIA CIVIL DA GALIZA, Por Alberto Vilanova (1957)

Para María Casares, groria galega universal,
coma rendida ademiración ao seu arte e
a súa fidelidade ao nome limpo i esgrevio de seu pai.
Con máisimo agarimo.


Cicais, encol de poucas cidades se haberán tecido tantos tópicos ou se haberá espallado tanta literatura festeira, coma no caso da capital herculiña.

O tópico é un siño de preguiza mental. Por ilo cando o tópico acada a categoría de fundamento defiñidor, aquil acada tamén a condizón de recurso fácile para tulol-as mentes incapaces de apreixar un conceito craro ou unha diáfaña visión do mundo que se acha perante seus ollos ou frente á súa aptitude pensante. Non hai posibilidade de análisis ou de penetración, i entón faise patente a incapacidade pra refresión. É máis cómodo pras mentes infreisíbiles ou fadigadas, deixarse levar pol-a corrente vulgar, abroquelados n-unha adxetivación rutiñarira.

D-equí os difrentes “slongans” que semellan máis ben fabricados par unha axencia de turismo que por ouservadores caes e ouxetivos, que ao referirse á Cruña, lanzan toda crás de frases a cada cal máis algueireira. Unhos a diputan  “grácil, amorosa y rumorosa”; outros chámanlle “ciudad sonrisa, ciudad cristal”; “la riente y optimista”; “la ciudad encantada”, la “dulce Marineda”, popularizando eisí o calificativo de Emilia Pardo Bazán, sen esquecer a frase bastante cursi de Alberto Insua, cando di que é “una ciudad en forma de mujer: de mujer encorsetada y con cintura de avispa”.
Diante dunha cidade, coma diante de calquer ser vivo, sobor do cal se pretende facer recaer o xuízo, o entendemento si se detén nos detalles epidérmicos, o resultado non pode sere moi satisfaitorio, pois cáseque sempre xorden cativas metáforas, alardeamentos oufaniciosos ou adivertimentos superficiaes. E nista superficialidade apousa unha referenza incompreta ou inauténtiga.
Pol-o contrario, o entendemento disposto a penetrare no miolo das cousas e á refrexare con eisatitude a súa esenza, pode chegar á darnos en fórmulas máis precisas ou en enfoques máis atinados, a verdadeira eispresión das cousas. Tal sucede cando queremos captar o espírito dunha cidade, sin prexuízos e sen néboas.
 
Unha cidade é algo máis que a presenza física do seu urbanismo ou da súa edificazón; cidade que medise o seu mérito por istas manifestacións materiaes, é unha cidade definitivamente morta, aínde que se pretenda manter á súa vida con riquilorios condeados á unha defunción hestórica, que é ao fin de contas o máis tristeiro esmerecer do seu vivir.

Pol-o tanto unha cidade é tamén unha totalidade sentimental. Moitas vegadas emergullen dunha cidade o forte bafo da relembranza, da vida, da hestoria. Unha cidade fala â ialma coas súas luces, co seu coor, cos seus moimentos, coa súa paisaxe, cos seus típicos rincóns e coas súas anéidotas leendarias. Mais a cidade tamén ten a súa fisonomía propia, esa faciana que non é accesible a tudol-os entendimentos, pero que está vidal e rexa no mundo das súas costumes, dos seus tipos representativos, no seu xeño espiritual e nos seus xeito mentaes, e que son ao fin os que lle dan unha enxebre e difrenciada persoalidade. ¡Que ben sentía isto, o insiño escritor granadino Ánxel Ganivet, cando no seu libro adicado ao seu pobo nadal, nos di: “Una ciudad está en constante evolución e insensiblemente va tomando el carácter de las generaciones que pasan, sin contar las reformas artificiales y violentas, hay una reforma natural, lenta, invisible, que resulta de hechos que nadie inventa y que muy pocos perciben. Y ahí es donde la acción oculta de la sociedad entera determina las transformaciones trascendentales. Tal pueblo sin historia, sin personalidad, se cambia en una ciudad artística y se erige en metrópoli intelectual; tal otro, de brillante abolengo, cargado de viejos pergaminos, degenera en población vulgar y adocentada; y en aquello como en esto no intervienen todos”.

Cando visitamos por primeira ves unha cidade, é moi decote solprendente a impresión que produz no noso espírito tal aparición. Unhas vegadas atopámonos con que a súa realidade responde fidelmente aos antecedentes que tiñamos encol do seu vivir; outras sentímonos defraudados ao contemprar unha visón que supera ou inferioriza aos nosos supostos devanditos. Parescen que xorden arredor noso motivos, cuia ineditez chacía insospeitada, escintilando na nosa curiosidade tuda unha gama de sensacións hastra entón dormidas ou descoñecidas. O que sucede é que o seu eisistir é moi desvariado con relación as notizas que nos habían chegado atravese das “Guías” oficiaes. O mesmo ocurre cos triviaes narradores de viaxes, que obedescen ao espellismo de sensibrerías mostrengas e que por estar vencellados aos mitos ou aos tópicos, xamais teñen un criterio fidel do que contempran. I é que tuda cidade, asemade da totalidade sentimental, de que falamos, é unha ordeación ou encadeamento de elementos orgáñicos, constituíntes dun liñamento individual, alleo e independente do noso desexo. Ises elementos son a arquiteitura, a téinica urbañística, a arte, a hestoria e a cidadanía, este derradeiro elemental, que en moitos casos, coma ocorre coa Cruña, é o faitor difrenzal, aposto i esgrevio do seu caráiter.
 
Por iso Unamuno, que sabía caletrar no cerne das nosas cousas zumosas e creadoras, soupo aprezar en Galiza por enriba de tudo súa “alma liberal”, e falando das nosas cidades máis representativas no orde cívigo, escribía: “Respiré ya en Ourense, pero sobre todo en la Coruña, un aire social de tolerancia y de amplitud de criterio que contrasta con el hosco inquisitorialismo que nos sofoca en otras partes de España”. Unamuno decatouse da gran virtude cidadán da capital galega. Porque isa é fundamentalmente a grandeza, -con ter tantas grandezas- da Cruña, “a terra dos peitos fidalgos”, coma a cantou o inmorrente poeta Curros Enríquez, cuia alma de home e de poeta arreguizábase o soio nome daquila cidade que tan xenerosa foi sempre con il.

A Cruña soupo faguer honore aos dous anceios esencices dos bos galegos, que son a loita sen trégolas pol-a liberdade e pol-a recuperazón hestórica da nazionalidade galega, alicerces da nova vida da nosa Terra. Pra os que nascimos a vida púbrica con sentimento repubricán e con emoción galega, estos dous ideaes sonos  tan inseparábeles, que non concebimos o un sen o outro. Non podería xamais separalos, porque ao igual que as irmás siamesas, si un chegase á morrer arrastraría ao outro á súa cova. Nin o réxime aitual, nin a monarquía resolverá o probrema da Galiza. Pensar de maneira difrente eo mesmo que erguer castelos na area. Galiza eo primeiro probrema que ha de prantexarse e resolver un Estado español responsábele, no intre en que con goberno democrático, adiquira concencia da súa diñidade, responsabilidade i eficenza. Soio  na República se poderán satisfaicer as espranzas da Galiza; n-unha repúbrica que veña á reitificare cinco séculos afastados da hestoria peninsuar, e recoñecendo a eisistenza das difrentes nazonalidades constitutivas da España, se dispoña a dare ao Estado unha eistructura xurídica d-acordo coas eisixenzas vidaes d-ises pobos.

Un pequeniño repaso ao intre contemporán da Cruña, ratifica este conceuto da cidadanía galega. Cando a invasión francesa no 1808, a Cruña foi o esceario grandeiro de dous homes verdadeiramente xeniaes: o silleiro Sinforiano López e o crego liberal de ideias avanzadas Manoel Pardo de Andrade. O primeiro, n-aquiles inres decisivos, acaudelou as moitedumes pra loita, non foi eisí afortuado na pelexa pol-o restabrecemento constituzonal en España no 1815, cando a fracasada e xenerosa intentoa do xeral Porlier, na que amos habían de perescer na forca. Por certo que entón o pobo cruñés, protestou da úneca maneira que lle era posible, solidarizándose cos mártires, pechando en sinal de dô as casas i estabrecementos comerciaes. O segundo, ou sexa Pardo de Andrade, pubricou xornaes en loita contra o invasore francés, breigando pol-a liberdade e independenza da Patria, mantendo sempre acesa a chama do seu afervoamento liberal e constituzionalista. Eixí xurdiron os boletíns "Telégrafo Político-Literario de La Coruña", "Diario de la Coruña", "Semanario político, histórico y literario de la Coruña", "Boletín Patriótico" e "Ciudadanos por la Constitución". Aínda foi máis lonxe o bravo crego cruñés, pois chegou a compoñer un romance contra a Inquisición, pol-o que foi eiscomulgado pol-o entón arcebispo de Compostela. De Pardo de Andrade fixo o erudito pubricista Martínez Salazar iste mañífico retrato: "aunque aristócrata por la sangre y eclesiástico de profesión era ferviente demócrata, entusiasta partidario de la soberanía nacional, de las constituciones romano-republicanas y de la inglesa; pero quería más restringidas aún, en esta última, las facultades del poder ejecutivo".
A Cruña, cinco anos dimpois, secundaba o levantamento do galego Quiroga e do astur Riego, procramando a Constitución de Cádiz, sendo imitado seu aceno por cáseque tudal-as cidades galegas; e cando o duque de Angulema cos cen mil "fillos de San Luis" veu a resbrecere o ausolutismo, a Cruña loitou máis d-un mes na defensa da liberdade.

Na Cruña fixéronse as primeiras mañifestacións afirmativas da persoalidade galega; no 1855 Vicetto sacaba o xornal "El Clamor de Galicia", e no 1869, a pouco da revolución de setembro do ano anterior, os repubricáns galegos e astures firmaban eiquí o "Pacto Federal galaico-asturiano". Na Cruña imprentánronse as eruditas revistas tidoadas "Galicia", a unha dos irmáns La Iglesia, ea outra de Martínez Salazar, i eiquí tamén celebráronse no 1861 os primeiros Xogos Froraes da Galiza. E cando o rei Amadeo visitou ista cidade, houbo de escoitar verbas outivas do alcalde cruñés D. Federico Tapia, que inaugurou aquila riola de concellaes repubricáns que gobernaron sen interruición o axuntamento cruñés, cando eran de eleición popular. No 1855 pol-o afervoado amor á Galiza dos siñores Fernández Latorre e Martínez Salazar fundábase a importante "Biblioteca Gallega" e que se encetaba coa maxistral prosa castelá do Patriarca dos "Precursores". No 1893 se constituía a "Junta de Defensa de Galicia", coma protesta contra o poder central por habere trasladado a León a Capitanía Xeral, dando lugare a una eisaltazón do sentimento patriótico en tuda Galiza como en mui poucas vegadas se recorda, hastra ao punto de sofrire cadea os dirixentes deaquil movimento, sendo ademais cando se compuxo o primeiro Hino Galego, con letra de Galo Salinas e múseca de Varela Silvari, os dous cruñeses, e que non prosperou pol-o capital defeuto de estar a letra en castelán. No 1895 saía na Cruña a interesante "Revista Gallega", dirixida por Salinas, e nas tertulias da librería do benemérito galego Carré Aldao, chamada "a Cova céltiga", e na que se axuntaban os máis distintos próceres da galeguidade, saíron os máis precaros elementos da "Liga Galega" no 1897, e da Academia Gallega no 1906. Un ano dimpois, suscitada pol-a aititude catalá, xurdía eiquí "Solidaridad Gallega", na que o teinicismo ea pruma de Rodrigo Sanz ea verba eo estro de Lugrís Freire, trataban de arrastrar aos galegos a unha obra cumún de redenzón. D-ista semente abrollaron as "Irmandades da fala", felis iniciativa do inesquecíbel Antón Vilar Ponte.

VILANOVA RODRÍGUEZ, Alberto
"Orzán", revista del Centro Coruñés de Buenos Aires, (1957, ano IX. Nº 9)

Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica